Pestanas principais

A compañía Kukas Producións Artísticas representa no Milladoiro a obra de teatro infantil "Xan Perillán"

Xoves, 19 de decembro de 2013

[19-12-2013] O luns 23 de decembro, ás 17:00 horas, volve o teatro infantil da man da compañía Kukas Producións Artísticas, que representará "Xan Perillán" na Casa da Cultura do Milladoiro. "Xan Perillán e a maleta máxica" é un espectáculo dirixido ao público familiar e aos nenos a partir de 3 anos, que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreques. Está interpretado por Marcelino de Santiago (Kukas) e dirixido por Isabel Rei. A reserva de entradas para este espectáculo pódese realizar ata ás 14:00 horas do luns 23 de decembro. As reservas pódense facer a través do teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o luns 23 de decembro, ás 17:00 horas, a representación da obra de teatro infantil Xan Perillán e a maleta máxica, unha produción da compañía Kukas Producións Artísticas. Trátase dun espectáculo dirixido ao público familiar e infantil, a partires de 3 anos, que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreques. Interpretado por Marcelino de Santiago (Kukas), está dirixido por Isabel Rei.

Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco... Pero onde está Pernambuco? No hemisferio Norte ou no Sur? Cun pouco de maxia e a axuda dos nenos seguro que o descubrirá. Reúne todas as súas cousas e vai meténdoas nunha maleta que non é unha maleta calquera. É unha maleta máxica, xa que todo o que aquí se mete, convértese nun truco de maxia.

As entradas para asistir á función teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos. As entradas poden reservarse ata o luns 23 de decembro, ás 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 16:00 h e as 16:30 horas. As entradas que non se recollan nese horario serán vendidas a partir das 16:30 horas. Despacharanse un máximo de 4 entradas por persoa.