Pestanas principais

A compañía Eme2 representa este venres en Bertamiráns a peza teatral Sexo? Por que non?

Mércores, 12 de decembro de 2012

[12-12-2012] A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este venres 14 de decembro, ás 21:00 horas, a representación da comedia Sexo? Por que non?, que correrá a cargo da compañía teatral Eme2 Emoción&Arte. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. Xa se pode facer a reserva de entradas a través do teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. O prezo das entradas é de 5 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné.

Esta fin de semana volve o teatro a Ames da man da compañía Eme2 Emoción&Arte, que representará a comedia Sexo? Por que non?. Trátase dunha peza teatral que está baseada nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.

O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faise fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2.

En Sexo? Por que non? aparecen máis de dezasete personaxes: Adan, Eva, un anxo, Yahvé-Deus, Carlos de Inglaterra, un señor de Bolonia, un famoso cirurxián, Rosalía (unha morena impoñente), o produtor do espectáculo, un tramoyista, a irmá de Mercedes Castro (de nome Aurora), a nai de Mercedes Castro, varias amigas da infancia de Mercedes Castro e algún dos seus fillos, e mesmo a propia Mercedes Castro.

As entradas poderán mercarse media hora antes do comezo da función na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prezo das entradas é de 5 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné. Tamén se poden reservar as entradas, para iso hai que chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico á dirección cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 20:00 h e as 20:30 horas. As entradas que son se recollan nese horario serán vendidas a partir das 20:30 horas.