[23-12-2013] Este xoves 26 de decembro, ás 17:00 horas, hai teatro infantil da man da compañía Elefante Elegante, que representará "Nuncabunga" na Casa da Cultura de Bertamiráns. "Nuncabunga" é un espectáculo cómico e poético sen palabras da compañía Elefante Elegante dedicado ao público familiar e infantil a partir dos tres anos. A reserva de entradas para este espectáculo pódese realizar ata ás 14:00 horas do xoves 26 de decembro. As reservas pódense facer a través do teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné.
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o xoves 26 de decembro, ás 17:00 horas, a representación da obra de teatro infantil Nuncabunga, unha produción da compañía Elefante Elegante. Trátase dun espectáculo cómico e poético sen palabras da compañía Elefante Elegante dedicado ao público familiar e infantil a partir dos tres anos.
A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu o seu fogar. Un día de tempestade aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán eles capaces de chegar a un acordo?
As entradas para asistir á función teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos. As entradas poden reservarse ata o xoves 26 de decembro, ás 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 16:00 h e as 16:30 horas. As entradas que non se recollan nese horario serán vendidas a partir das 16:30 horas. Despacharanse un máximo de 4 entradas por persoa.




