Pestanas principais

A Compañía Babaluva trae a Ames unha obra de teatro para bebés

Luns, 19 de outubro de 2015

[19-10-2015] A casa da Cultura do Milladoiro acolle o venres, día 13 de novembro dúas representacións de “A Alfombra máxica” da compañía Titeres Babaluva, unha obra dirixida a nenos e nenas de ata 3 anos de idade. Trátase dun espectáculo sensorial no que a artista Mirari Urrozola axudará aos máis pequenos a descubrir texturas, sons e olores a través do xogo e a sorpresa. A primeira representación terá lugar ás 17:30 e a segunda unha hora máis tarde, ás 18:30. En cada unha delas poden participar quince bebés e os seus acompañantes. As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 13 de novembro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.

Títeres Babaluva mérgullase unha vez máis no mundo dos máis pequenos/as da casa e crea un espectáculo no que acompaña aos nenos e as nenas no camiño de descubrir a que sabe, a que ule e que se sente cando se toca o mundo. A Alfombra Máxica é un espectáculo sensorial que se desenvolve sobre unha alfombra táctil que ule e soa, un lugar de experimentación libre onde os pequeniños/as descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar e ver.

“A Alfombra máxica” fomenta a experimentación para que ese público miúdo ao que vai dirixido experimente xogando cos sentidos e aprenda a tocar, a manipular e a investigar coas mans e co corpo enteiro. “Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións", segundo manifestan os responsables da compañía Babaluva.

15 nenos e nenas de ata 3 anos de idade cos seus acompañantes poden asistir a cada unha das representacións de “A Alfombra máxica” na Casa da Cultura do Milladoiro, polo que están programadas dúas funcións. A primeira delas terá lugar ás 17:30 e a segunda ás 18:30. s entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 13 de novembro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.