Pestanas principais

As comisións informativas previas ao pleno de marzo abordarán a revisión do contrato de limpeza viaria e de xestión do punto limpo

Mércores, 19 de marzo de 2014

[19-03-2014] O Concello de Ames celebrará o vindeiro venres, 21 de marzo, as comisións informativas previas ao pleno ordinario de marzo. De cara a este venres, convocouse a comisión informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas na que se tratará a revisión ordinaria do contrato de limpeza viaria e de xestión do punto limpo, correspondente ao exercicio 2014. Ademais, na comisión informativa de Persoal, Servizos, Reforma Administrativa e Seguridade Cidadá abordarase a adopción dun acordo para que sexa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o que nomee un novo xuíz/a de paz substituto/a.

O pasado 28 de febreiro a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria e de xestión do punto limpo solicitou a revisión ordinaria do contrato deste servizo co obxectivo de determinar o prezo que haberá que aplicar durante o exercicio 2014. Da proposta formulada derívase que o novo prezo parsaría a ser de 682.560,59 euros, resultando de aplicación, con efectos retroactivos, dende o pasado 1 de xaneiro de 2014, o que motivará o pagamento dos correspondentes atrasos dende a devandita data.

Cómpre lembrar que en xullo de 2006 o Pleno do Concelo de Ames adxudicou a concesión do servizo municipal de limpeza viaria e de xestión do punto limpo á empresa Urbaser S.A. Tal e como consta no expediente, a prestación efectiva do servizo comezou en xaneiro de 2007. A concensión deste servizo é de 10 anos, prorrogables por mutuo acordo por un período de outros 10 anos, a contar desde a data de formalización do contrato. 

Deste xeito, proponse que na comisión informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas se adopte o acrodo de aprobar a revisión de prezos do contrato de concesión da limpeza viaria e xestión do punto limpo do Concello de Ames, adxudicado á empresa Urbaser SA, pasando o novo prezo a ser de 682.560,59 anuais, tendo en conta este acordo desde o 1 de xaneiro de 2014.

Nomeamento de xuíz/a de paz substituto/a
O pasado 27 de febreiro recibiuse no Concello unha comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se informa da aceptación da renuncia ao cargo de xuíza de paz substituta. Dita xuíz de paz substituta foi elixida por acordo plenario do 23 de decembro de 2013, tras a previa renuncia da anterio xuíza de paz substituta. Tendo en conta, que as tres últimas persoas elixidas como xuiza de paz substituta presentaron a súa renuncia vaise propoñer no pleno ordinario de marzo non iniciar expediante para a elcción dun novo/a xuíz/a de paz substituto/a do concello de Ames e que a desiganción sexa realizada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello de Ames estudiará la revisión del contrato de limpieza viaria"