[08-05-2014] O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este xoves, 8 de maio, unha nova reunión da comisión de abastecemento e saneamento. Nesta comisión seguiuse avanzando no traballo de redacción dos pregos para licitar o novo servizo de saneamento e abastecemento. O obxectivo do goberno municipal é que nas seguintes reunións se chegue a un consenso sobre as diferentes propostas presentadas para licitar o novo servizo. Tal e como se estableceu nas comisións anteriores estanse seguindo os pasos marcados polos técnicos dos departamentos municipais de Intervención e Secretaria.
A comisión plenaria de abastecemento e saneamento reuniuse de novo este xoves, 8 de maio, no salón de Plenos da Casa do Concello. Cómpre lembrar que nos últimos días o goberno municipal proporcionoulle aos membros da oposición toda a documentación presentada pola empresa consultora e déuselle conta do estudo económico, a dous anos, feito seguindo as indicacións dos informes emitidos polos técnicos municipais de Intervención e Secretaria.
Nesta nova reunión os concelleiros/as da oposición puideron achegar as propostas que consideraron oportunas despois de estudar a fondo a documentación e a información proporcionada polo goberno municipal. Os concelleiros/as que integran esta comisión seguiron avanzando na redacción dos pregos para licitar o novo servizo de saneamento e abastecemento.
O obxectivo do goberno municipal é que nas seguintes reunións se chegue a un consenso sobre as diferentes propostas presentadas para licitar o novo servizo. Tal e como se estableceu nas comisións anteriores estanse seguindo os pasos marcados polos técnicos dos departamentos municipais de Intervención e Secretaria Ademais, as actas das comisións celebradas ata o momento someteranse a votación para ser aprobadas na última reunión desta comisión.
O goberno municipal recorda que seguiu en todo momento as indicacións marcadas no informe elaborado de xeito conxunto polos técnicos dos departamentos municipais de Secretaría e Intervención, no cal se explicaba que a única opción posible no ciclo integral da auga era unha concesión a curto prazo. Isto podíase facer a través dunha encomenda da xestión ou dun proceso de licitación co obxectivo de estudar a fondo o servizo, para o que había que realizar unha auditoría na que se estudaran as necesidades a largo prazo.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Ames Novo y PxA tildan de error licitar el agua por dos años"
La Voz de Galicia: "La comisión de abastecimiento de Ames avanza en la redacción del pliego para el nuevo servicio"




