[22-05-2015] O Concello de Ames iniciou as obras de restauración do centro de saúde do Milladoiro que se prolongarán ata finais de xullo. Os traballos, que ascenden a 45.334 euros, serán asumidos ao cincuenta por cento entre o Concello e o Sergas, como recolle o convenio de colaboración asinado recentemente polos dous organismos.
O alcalde de Ames, Santiago Amor, valora a reparación urxente que precisaba o centro “entre tanto non se faga un novo, en cuxa tramitación traballa o goberno municipal”.
O centro de saúde do Milladoiro, inaugurado hai xa 25 anos, requiriu de frecuentes actuacións de mantemento para ofrecer en cada momento o mellor servizo posible aos usuarios. Deste xeito, os técnicos do Servizo Galego de Saúde detectaron a necesidade de efectuar unha actuación de reparación integral na cuberta do centro.
Actuacións na Travesía de Fontaldeiro
Por outro lado, o Concello de Ames realizará unha intervención na Travesía de Fontaldeiro e no Lugar de Cantalarrana, en Bertamiráns. A petición veciñal serán obras de mellora das beirarrúas e beiravías, así como o incremento da iluminación na zona. Está previsto, igualmente, que se repare o firme dun vieiro que se prolonga ata o lugar de Outeiro.
Contido relacionado
.jpg)
La Voz de Galicia: "Comienzan las obras para reparar la cubierta del centro de salud de Milladoiro"




