Pestanas principais

Comezan as reunións do club de lectura da Escola Integral de Maiores do Milladoiro

Xoves, 27 de outubro de 2011

[27-10-2011] Este martes pola tarde comezaron de novo as reunións do club de lectura da Escola Integral de Maiores do Milladoiro. Cada semana este club reúnense con 15 persoas, que son amantes da lectura. A maioría delsa tamén acoden as actividades que se realizan na Escola Integral de Maiores. Con esta actividade búscase promover a lectura entre os maiores, a través do intercambio de interpretacións e a análise do contexto e contido dos libros elixidos. Unha actividade que, sen dúbida, é a mellor vitamina para o noso cerebro e que este ano segue contando coa colaboración do profesor voluntario, Antonio Rodríguez.

As reunións do club de lectura da Escola Integral de Maiores do Milladoiro teñen lugar na aula de usos múltiples da Casa de Cultura do Milladoiro, todos os martes de 16:30 h. a 18:00 horas. A dinámica do grupo é, seguindo as pautas impartidas polo profesor, ler varios libros elixidos entre todos/as e comentalos posteriormente.

Este ano comezarán lendo varios relatos curtos de autores latinoamericanos como Gabriel García Márquez ou Mario Vargas Llosa. Durante este ciclo tamén tocarán varios libros de autores considerados como os máis representativos da fala hispana. Posteriormente abordarán varias obras escritas por autores españois. Neste caso lerán autores clásicos como Quevedo e outros máis modernos. Nestas xuntanzas lese tanto textos en prosa coma poesía. Deste xeito, tamén se traballará con textos de poesía de autores como Gustavo Adolfo Bécquer ou Antonio Machado.

Nas súas xuntanzas os membros do club de lectura elixen libros en grupo, establecen un prazo para ler un certo número de páxinas e despois coméntano, resúmeno, destacan frases curiosas e xeran un debate ao redor do devandito libro. Este debate está sempre regulado por un moderador. As lecturas fanse en horario de clase. Durante a lectura os membros do club apuntan as palabras que descoñecen para despois buscar o seu significado no dicionario. Antes de abordar unha lectura tamén repasan a biografía do autor. Por último comentan a época na que foi escrita a obra e o que intenta reflectir o autor.

O club de lectura funciona xa desde hai varios anos e segue tendo éxito entre os participantes da Escola Integral de Maiores. Os/as participantes son principalmente alumnos/as desta escola. Nas xuntanzas de cada martes, ademais de ler cada persoa pola súa conta, tamén contan cada certo tempo co que chaman "narrativa lida", así len conxuntamente un capítulo, para logo analizalo entre todos. Cada martes téntase entre todos/as analizar o contexto histórico das obras lidas. O profesor Antonio Rodríguez explica que ultimamente tamén están vendo varias películas e documentos visuais baseados en obras literarias. Estas películas axúdanlles aos membros do club a entender o contexto das historias dun xeito gráfico.

Se estás interesado en participar, aínda estás a tempo de apuntarte na Oficina de Voluntariado de Ames, de luns a venres en horario de 9:00 h. a 14:00 horas, chamando ao número de teléfono: 981 883 703.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Arranca en Milladoiro el club de lectura de mayores"