Pestanas principais

Comezan os traballos previos ás obras de mellora e acondicionamento da Travesía do Porto

Xoves, 10 de xaneiro de 2013

[10-01-2013] O Concello de Ames iniciou os traballos previos ás obras que se acometerán para a mellora e acondicionamento da Travesía do Porto, no Milladoiro. A empresa adxudicataria das obras, Martínez Montes e Hijos, estivo levando a cabo nas últimas xornadas traballos de acondicionamento, previos ao inicio das obras. Ademais, os operarios estiveron determinando a ubicación dos semáforos que se instalarán nesta rúa e as obras de canalización.

O seguinte paso será a aplicación da rodadura, unha actuación que se levará a cabo en canto melloren as condicións meteorolóxicas. Estes traballos poden chegar a ocasionar algún tipo de inconveniente aos veciños durante a súa execución e pola presenza de operarios na zona, polo que o Concello lamenta as molestias que se poidan xerar.

O Concello de Ames adxudicou a finais de decembro as obras de reparación do firme asfáltico e pintado na Travesía do Porto, que se levarán a cabo grazas a un convenio asinado coa Deputación da Coruña. Estas obras de mellora están dotadas con preto de 62.000 euros e consisten na aplicación de capa de aglomerado de sete metros de ancho desde o eixo da Travesía do Porto. Ademais, procederase ao pintado da sinalización horizontal e do trazado de vía e á instalación de dous semáforos.

O obxectivo destes traballos é mellorar o estado e a seguridade dunha das avenidas máis importantes do Milladoiro. As obras na Travesía do Porto permitirán mellorar a seguridade dos vehículos e peóns que cada día transitan por esta zona, despois de moitos anos sen que tivera unha actuación desta índole.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Trabajos previos para una nueva Travesía do Porto"
El Correo Gallego: "Comezan os traballos previos ás obras de mellora e acondicionamento da Travesía do Porto"
La Voz de Galicia: "La Travesía do Porto tendrá semáforos en dos puntos y nuevo aglomerado"