[14-07-2014] O Concello de Ames iniciou o luns, 14 de xullo, as obras de substitución do colector de saneamento situado na rúa Alcalde Lorenzo, de Bertamiráns. Debido a estas obras o Concello de Ames informa que dende o luns, 14 de xullo, quedará cortado o carril dereito da estrada CP 0205, que discorre entre Bertamiráns e Osebe, ao seu paso pola rúa Alcalde Lorenzo (punto quilométrico 0,200). Este carril manterase cortado ao tráfico (día e noite) durante un mes, aproximadamente. A circulación do tráfico rodado regularase coa colocación de semáforos de obra, que permitirán a circulación alternativa de vehículos. Deste xeito, recoméndase evitar, na medida do posible, a circulación de vehículos por estas zonas para e evitar atascos e non dificultar a execución destes traballos.