[02-07-2012] Hoxe pola mañá comezaron os cursos de natación de verán que desenvolve o Concello de Ames, a través da concellaría de Deportes, tanto na piscina municipal de Bertamiráns como na do Milladoiro. O prazo para inscribirse nos cursos do mes de agosto comezará o vindeiro luns día 9 de xullo e estará aberto ata o 20 de xullo. O programa está dedicado a ocupar o tempo libre de nenos e nenas durante as vacacións do verán e, deste xeito, aprender tamén un deporte novo. O total de prazas cubertas é de 52 en Bertamiráns e 50 no Milladoiro.

Chega o verán a Ames e da súa man os cursos de natación que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto. As piscinas descubertas de Bertamiráns e Milladoiro recibiron hoxe a tódolos rapaces desexosos de aprender a nadar ou perfeccionar o seu estilo. E aínda que con algunhas nubes, o día acompañou e foron moi poucos os nenos que non acudiron a este xornada inaugural. Ademais de gozar da auga, os rapaces aprenderán a nadar ou perfeccionar o seu estilo. Un total de 102 nenos e nenas participan nestes cursos durante o mes de xullo. Cubríronse 52 prazas en Bertamiráns e 50 no Milladoiro, que están repartidas ao longo de toda a mañá e divididas por franxas de idade.
Para os maiores de 12 anos de 10:30 h. ás 11:15 horas e os de dez a once tócalles a segunda quenda, de 11:15 h. ás 12:00 horas. De 12:00 h. á 12:45 h. desenvolverase a terceira quenda na que se ofertan para os rapaces de oito a nove anos, e de 12:45 h. a 13:30 h. a nenos e nenas de entre seis a sete anos. A última quenda resérvase para os máis cativos, entre tres e cinco anos, que se levará a cabo de 13:30 h. a 14:15 horas.
Os cursos de natación desenvólvense en dúas quendas. O primeiro curso realízase do 2 ao 31 de xullo e o segundo, do 1 ao 31 de agosto. Ambos os dous son de luns a venres nas piscinas descubertas do Milladoiro e de Bertamiráns. A segunda quenda do programa de natación realizarase no mes de agosto, desde o día 1 ó 31, tamén de luns a venres nas piscinas descubertas do Milladoiro e Bertamiráns.
En canto ás inscricións, poderán realizarse na Casa da Cultura do Milladoiro e na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns (Pazo da Peregrina) das 9:00 h. ás 14:00 horas. O prazo para apuntarse ao curso de agosto estará aberto entre o 9 e o 20 de xullo.
O prezo desta actividade é de 20 euros, ou 10 euros a partir do segundo membro da unidade familiar e 5 euros a partir do terceiro ou restantes. A documentación necesaria que hai que achegar é o impreso de solicitude cuberto e a fotocopia da tarxeta sanitaria. Só poderán participar as persoas empadroadas no Concello de Ames.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Empiezan los cursos de natación en Ames con 102 niños inscritos"




