Pestanas principais

Comezan as obras para a instalación dun novo colector de saneamento no Polígono do Milladoiro

Mércores, 17 de abril de 2013

[17-04-2013] Esta semana comezaron as obras para a instalación dun novo colector de saneamento no parque empresarial do Milladoiro, uns traballos que serán financiados en parte a través dunha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria ao Concello de Ames. As obras, que suporán un investimento de 44.864 euros, están sendo realizadas por traballadores da empresa Excavaciones Ovidio. O concelleiro de Vías e Obras do Concello de Ames, Alfredo Taboada, achegouse esta mañá ata a zona, á altura da rúa do Buxo, para comprobar o estado das obras.

Os traballos que se levan a cabo no parque empresarial do Milladoiro consisten en acometer a instalación dun colector de augas residuais que permita reconducir o 60% das augas do polígono por gravidade ata a EDAR. O obxectivo é evitar que estas augas sexan bombeadas, como ata o momento, a una potencia de 4,5 bar co conseguinte aforro enerxético que supón. As obras consistirán na instalación de 450 metros de tubería de PVC, coa súa parte proporcional de escavación, recheo, pozos de rexistro e reposicións.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "El parque industrial de Milladoiro tendrá un nuevo colector"
La Voz de Galicia: "Ames modifica el sistema de recogida de residuales del polígono para ahorrar"
El Correo Gallego: "Comezan as obras para a instalación dun novo colector de saneamento no Polígono do Milladoiro"