[19-01-2015] O Concello de Ames iniciou hoxe as obras de reparación da calzada na rúa Anxeriz do Milladoiro, en concreto dende a intersección con Raxoeira ata Cruxa. Os traballos consisten na substitución do empedrado de pezas de formigón por unha lousa de formigón semipulido e posterior repintado dos pasos de peóns. Estes labores, que contan cun orzamento duns 50.000 euros, está previsto que finalicen no prazo dun mes e medio.
O consistorio amesán estimou oportuno realizar as obras por pequenos tramos de rúa para prexudicar o mínimo posible aos veciños. A primeira das actuacións estase a acometer no cruzamento da rúa Anxeriz coa rúa Raxoeira e, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, estará rematada o venres-23.
Durante estes días quedará prohibido estacionar na superficie deste treito e a circulación de vehículos nos tramos afectados da rúa Anxeriz, estará restrinxido exclusivamente ao acceso aos garaxes. Nesta primeira fase, cortarase o tramo da rúa Anxeriz dende o cruce coa rúa Raxoeira ata os números 5 e 7 incluídos. Os vehículos dos garaxes destes portais non poderán acceder aos mesmos durante o tempo que dure esta primeira fase das obras.
Contido relacionado
.jpg)
La Voz de Galicia: "Arrancan en Milladoiro las obras de reparación de la rúa Anxeriz"
El Correo Gallego: "Resignación en Anxeriz por una obra que todos creen necesaria para Ames"




