Pestanas principais

Comezan as clases da Escola Municipal de Música de Ames que se imparten no edificio de usos múltiples de Aldea Nova

Mércores, 02 de novembro de 2011

[02-11-2011] Este mércores, 2 de novembro, comezan as clases na nova sede da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), que está situada no edificio de usos múltiples de Aldea Nova. Arredor de 140 nenos e nenas asistirán as clases da EMMA nestas instalacións, que foron adaptadas para albergar este servizo municipal. As clases impartiranse os luns, mércores, xoves e venres en horario de tarde. Deste xeito, os luns dende as 18:30 h impártese piano e guitarra; os mércores a partir das 16:00 horas impártense clases de saxofón, percusión e canto. Este mesmo día, os mércores, dende as 16:30 h hai clases de música e movemento. Os xoves dende as 16:30 h ofrécense clases de violín, guitarra, linguaxe musical e piano. Mentres que os venres a partir das 16:00 h impártese piano e dende as 16:30 h hai música e movemento.