Pestanas principais

Comezan as actividades do programa Amessan

Sábado, 16 de febreiro de 2013

[16-02-2013] Este luns, 18 de febreiro de 2013, comezan as actividades que se enmarcan dentro do programa Amessan, que está organizado polo Concello de Ames a través das áreas de Voluntariado e Benestar Social. Este programa, que se desenvolverá ata a última semana do mes de xuño, inclúe máis de 16 actividades, entre manualidades, ximnasia, ludotecas cognitivas música e charlas sobre saúde ou temas de interese para os maiores amienses. O alcalde de Ames, Santiago Amor, asinou o contrato coa firma Esproade para a prestación deste servizo. Na sinatura estiveron presentes a concelleira de Benestar Social, María Eugenia Martín, e a concelleira de Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde.

Segundo explica a concelleira de Benestar Social, María Eugenia Martín, “este programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos e persoas cunha discapacidade acreditada. Amessan ten como finalidade impulsar o benestar físico, psicolóxico e social da poboación maior do concello de Ames. Coa participación dos maiores nestas actividades preténdense que estas persoas segan mantendo o contacto cos seus veciños e segan tendo vida social. En definitiva, Amessan é un xeito de socializarse e manter o contacto entre os nosos maiores”.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades que compoñen Amessan poden anotarse a través do número de teléfono 672 071 561 ou achegándose aos distintos lugares nos horarios nos que se realizarán as clases. Os grupos terán que ser dun mínimo de oito persoas e dun máximo de 20. Se se supera este número establecerase unha lista de agarda. A inscrición farase o primeiro día de clase e deberá achegarse fotocopia do DNI.

Horarios e lugares
A actividade de manualidades Creando Fogares impartirase nos locais sociais de Agrón e Augapesada. En Agrón, o horario da actividade será os martes entre as 17:00 e as 19:00 horas. En Augapesada, as clases serán os xoves de 18:00 a 20:00 horas.

A música e o baile tradicional serán os protagonistas da actividade Ao son da sacha, que se ofrecerá na Ameixenda, Trasmonte e na Aula 4 da Casa da Cultura do Milladoiro. No local social da Ameixenda, a actividade será os mércores de 18:30 a 20:30 horas. En Trasmonte, as clases serán os luns en horario de 19:00 a 21:00 horas.

As principais novidades desta edición son a ampliación do programa á parroquia de de Tapia e ao lugar de Augapesada. Ademais, impartirase unha actividade orientada á formación dun coro musical e a actividade “Ao son da sacha”, que incluirá baile e música tradicional. As inscricións faranse o primeiro día de clase nos lugares onde se imparten as diferentes actividades.

Entre o 18 e o 22 de febreiro porase en marcha unha nova edición do programa Amessan en 12 parroquias e lugares amienses. As actividades incluídas neste programa desenvolveranse nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns e nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Piñeiro, Tapia, Tarroeira e Trasmonte. As iniciativas programadas son o obradoiro de manualidades Creando fogares, o taller de música e baile tradicional Ao son da sacha, ximnasia terapéutica, ludoteca cognitiva (obradoiro de memoria) e a actividade de coro, para a formación dunha coral en Bertamiráns.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Comezan as actividades do programa Amessan"