Pestanas principais

Comeza unha semana chea de contos nos locais socias das parroquias e nas bibliotecas municipais

Luns, 03 de abril de 2017

[03-04-2017] A Concellaría de Educación e Cultura preparou para este mes de abril, coincidindo co mes dos libros, un completa programación de contacontos que se van a desenvolver nos locais sociais de Augapesada e Bugallido, así como nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns. Ao longo desta semana haberá catro sesións de contos. As sesións de contacontos están dirixidas especialmente aos nenos/as de entre 3 e 9 anos. Estas actividades desenvolveranse a partir das 18:00 horas.

As actividades de animación á lectura que organiza a Concellaría de Educación e Cultura amósalles aos rapaces e rapazas, mediante sesións de contacontos, a maxia que agochan os libros. Esta programación de contos vaise a desenvolver ata finais do mes de maio. Así, cada mes haberá catro sesións de contos nas bibliotecas de Ames (dúas na biblioteca do Milladoiro e dúas en Bertamiráns), ao igual que nos locais sociais de Augapesada, onde haberá contos dous luns ao mes, e no local social de Bugallido, onde esta programación realizarase dous martes ao mes.

Este mes a programación de Animación á lectura comeza este luns, 3 de abril, no local social de Augapesada, baixo o título Eu querer quéroche ben. Esta sesións repítense o luns 17 no mesmo local social coa temática de Contos en clave de sol. Por outra banda, os martes 4 e 18 de abril tamén haberá contacontos no local sociocultural de Bugallido, onde as sesións se centrarán nos contos: Mola que chova! e Vacas na cidade?.

Durante este mes nas bibliotecas de Ames tamén haberá sesións de animación á lectura. O mércores, 5 de abril, a biblioteca do Milladoiro, acolle un sesión de contacontos baixo o título Comechíns, segundo prato. Esta sesión repítense o xoves 6 na biblioteca de Bertamiráns. Os contos volverán a biblioteca de Bertamiráns o mércores 19 e a do Milladoiro o xoves 20 de abril. Neste caso baixo o título Mergullámonos?

Durante este curso os contos non se centran nunha única temática, senón que durante cada mes abordaranse temas distintos, sempre relacionados con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos. Así os máis pequenos e pequenas de Ames, ademais de fomentar o gusto pola lectura e favorecer o desenvolvemento da linguaxe, poderán promover a educación igualitaria e en valores, ao igual fortalecer o desenvolvemento cognitivo, e gozar xunto coas súas familias dun tempo de lecer.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Batería de contacontos en Ames e foliada con Apego"
La Voz de Galicia: "Sesiones en Ames de cuentacuentos"