Pestanas principais

Comeza unha nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión con 100 participantes

Martes, 27 de febreiro de 2024

Esta mañá o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de apertura da edición 2023-2024 do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión. En dito acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, e mailas concelleiras de Promoción Económica e Emprego dos Concellos de Ames, Ana Belén Paz, e de Brión, Guarina Rey. Posteriormente, a docente Nelly Rey impartiu a charla – obradoiro: Como elaborar unha estratexia activa de empregabilidade. Participaron arredor de 50 usuarios/as do programa. Nesta edición do programa participan 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, ocio e tempo libre, turismo, idiomas e novas tecnoloxías. O pasado 16 de novembro rematou a edición 2022-2023, superando o obxectivo de inserción fixado inicialmente do 40% do total das persoas participantes chegando ao 50%.

O programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión 2023-2024 comezou a desenvolver as actividades no mes de xaneiro, unha vez rematado o proceso de selección das 100 persoas participantes (80 de Ames e 20 de Brión), e rematará en novembro de 2024. Está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 219.610,00 euros e cofinanciado polos Concellos de Ames e Brión. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións executadas dos programas integrados. Na edición 2022-2023, rematada en novembro, a porcentaxe de inserción foi do 50%.

As persoas participantes, ademais de estar inscritas como demandantes de emprego e residir en Ames ou Brión, encádranse nalgún dos colectivos seguintes: persoas menores de 30 anos desempregadas; persoas maiores de 45 anos desempregadas; e/ou mulleres desempregadas. O programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión é unha das medidas de políticas activas de emprego máis efectivas levadas a cabo polos dous concellos.

Apertura do programa
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu hoxe pola mañá o acto de apertura da edición 2023-2024 do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión. En dito acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, e mailas concelleiras de Promoción Económica e Emprego dos Concellos de Ames, Ana Belén Paz, e de Brión, Guarina Rey.

O alcalde de Ames, Blas García, incidiu en que “programas coma este poñen de manifesto que, cando hai vontade, as administracións podemos traballar conxuntamente en algo tan importante como é axudar ás persoas a atopar un emprego. As políticas que benefician directamente ás persoas son as máis importantes que se poden levar a cabo nun Concello; por iso son das que máis orgullosos nos sentimos”. Ademais, agradeceu o traballo do persoal municipal implicado no programa.

A concelleira de Promoción Económica e Emprego do Concello de Ames, Ana Belén Paz, dixo “o programa integrado rematará en novembro do 2024, e está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 219.610.00 euros, e cofinanciado polos Concellos de Ames e Brión. Como concelleira de Emprego, quero animarvos a que aproveitedes os cursos que se van impartir dentro do programa, porque son moi beneficiosos sobre todo para atopar emprego. Son cursos impartidos por grandes formadores, nos que se supera o 50% de empregabilidade unha vez finalizada a formación”. Ana Belén paz tamén aproveitou para agradecer o traballo dos técnicos do departamento.

Por outra banda, a concelleira de Promoción Económica e Emprego do Concello de Brión, Guarina Rey, destacou que “os programas integrados de emprego coma este son os mellores instrumentos de cara a mellora da inserción laboral. Durante os próximos meses, ides recibir unha formación e un asesoramento que vos vai facilitar a consecución dun posto de traballo. O programa integrado Ames-Brión é un exemplo de éxito da colaboración de tres administracións: Xunta, Concello de Ames e Concello de Brión. Tres administracións de distintas cores políticas, pero que saben traballar conxuntamente polo benestar da veciñanza”.

Charla - obradoiro a cargo de Nelly Rey
Unha vez rematado o acto institucional de apertura de dito programa, a docente Nelly Rey impartiu a charla – obradoiro: Como elaborar unha estratexia activa de empregabilidade. Participaron arredor de 50 usuarios/as do programa. Dita actividade, que forma parte da programación de actividades formativas do programa, tivo unha duración aproximada de hora e media na cal se abordaron as seguintes cuestións: como sacarlle proveito ao programa integrado de emprego; reseteo laboral, mitos, perspectivas e derribar crenzas limitantes; e plan de acción.

Actividades do programa
Nos meses de xaneiro e febreiro xa se fixo a primeira rolda de titorías individualizadas, nas que se establecen con cada participante as actividades (formación, prácticas, etc.) a realizar ao longo do programa. Comezou tamén a formación transversal para a procura de emprego: habilidades sociais e comunicación, obradoiros de entrevistas, busca activa de emprego, marca persoal etc. Outra formación transversal será: idiomas (inglés), informática, manipulación de alimentos, primeiros auxilios, prevención de riscos, etc.

En canto á formación sectorial, as persoas participantes formaranse nos ámbitos do comercio, almacén, ocio e tempo libre, turismo e novas tecnoloxías, podendo elixir o que mellor se adapte ao seu perfil ou ás súas preferencias. Ademais poderán realizar prácticas en empresas da contorna relacionadas co sector ou sectores de actividade nos que prefiran formarse.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames y Brión ofrecen un nuevo taller de empleo para formar a cien personas"

Ames Go: "A nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión acolle a 100 participantes"

Comeza unha nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión con 100 participantes

Multimedia

  • Comeza unha nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión con 100 participantes
  • Comeza unha nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión con 100 participantes
  • Comeza unha nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión con 100 participantes
  • Comeza unha nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión con 100 participantes
  • Comeza unha nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión con 100 participantes
  • Comeza unha nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión con 100 participantes