Pestanas principais

Comeza a última quincena da Escola de Verán con 143 rapaces e rapazas

Martes, 18 de agosto de 2015

[18-08-2015] Entre o 1 de xullo e o 31 de agosto o Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, está desenvolvendo a Escola de Verán, un servizo que lle permite aos pais e nais conciliar a súa vida laboral e familiar durante a época estival. Este programa divídese en quincenas. Durante a primeira quincena de xullo participaron 225 rapaces, mentres que na segunda quincena de xullo gozaron deste servizo un total de 224 nenos/as. No mes de agosto a participación foi de 108 usuarios/as na primeira quincena e 143 na segunda parte do mes.

Páxina web informativa da Escola de Verán
A empresa adxudicataria deste programa municipal, Agora Aberta, ofrece un servizo de información a través da rede. Os pais e nais con fillos/as inscritos neste servizo poden acceder á páxina web www.agoraaberta.es/escoladeveran para ver a programación de actividades que se realizaron na Escola de Verán. Ademais, dentro deste sitio web existe un blog coas actividades que se van facendo, o material que se empregou, etc.

Por último, os pais e nais poden acceder a diferentes fotos e vídeos das actividades. Para iso proporcionáselle unha contrasinal co obxectivo de que poidan acceder ás fotos e vídeos de xeito individual. Para acceder a está páxina web hai que premer nun banner que se atopa na cabeceira da web municipal.


A Escola de Verán desenvólvese en Bertamiráns e no Milladoiro de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 a 16:00 horas. Os rapaces e rapazas asisten por quincenas (1ª quincena de xullo, 2ª quincena de xullo, 1ª quincena de agosto e 2ª quincena de agosto), un mes (xullo ou agosto) ou os dous meses (xullo e agosto).

Durante a primeira quincena de xullo participaron 225 rapaces (127 no Milladoiro e 98 en Bertamiráns), mentres que na segunda quincena de xullo gozaron deste servizo un total de 224 nenos/as (122 no Milladoiro e 102 en Bertamiráns). No mes de agosto a participación foi de 108 usuarios/as na primeira quincena (57 no Milladoiro e 51 en Bertamiráns) e 143 na segunda parte do mes (74 no Milladoiro e 69 en Bertamiráns).

As actividades da Escola de Verán de Bertamiráns desenvolvéronse nas instalacións do CEIP da Maía. Os rapaces e rapazas que asisten ao programa de Bertamiráns participaron en diferentes obradoiros e xogos con auga. Ademais realizaron diferentes saídas como ao Pazo da Peregrina, á ruta dos petróglifos de Vilar, á fonte de Castrigo e ás hortas urbanas.

No Milladoiro, a Escola de Verán desenvólvese na Escola de Educación Infantil do Milladoiro, no pavillón e na Casa da Cultura desta localidade. Neste caso os participantes tamén participaron en varias excursións. Deste xeito, realizaron unha andaina dende O Milladoiro ata as ruínas do castelo da Rocha ou ás hortas urbanas desta localidade.

Ademais, a través de diferentes xogos trabállase a educación emocional dos nenos/as, así como participan en xogos en inglés un día á semana. Os rapaces e rapazas de primaria acoden un día á semana á piscina, mentres que os de infantil participan en xogos de auga. Tamén están coñecendo a historia de Ames a través de diferentes obradoiros.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Último campamento con 143 amienses"