[07-06-2012] Esta fin de semana comeza o programa Cultura de Bar no que participan 16 establecementos hostaleiros de Bertamiráns e do Milladoiro. Este programa alternará actuacións musicais, contos de tradición oral, humor, espectáculos de maxia, monólogos, etc. Os establecementos hostaleiros disporán dunha variedade de produtos (auga, infusión, café, caña/clara e viño) ao prezo de 1 euro. Ademais, nestes establecementos repartiranse arredor de 25 postos de artesanía, que venderán produtos de téxtil, xoiería, cerámica, complementos, cristal, madeira, bixutería, etc. O programa Cultura de Bar comeza coas actuacións de Loli Nogueira, o grupo Duodeno, Celso Sanmartín e Víctor Grande. Estas actuacións divídense entre Bertamiráns e O Milladoiro. En Bertamiráns haberá dúas actuacións musicais, mentres que no Milladoiro haberá dúas sesións de monólogos.
A Concellaría de Promoción Económica está desenvolvendo un programa co que se pretende impulsar a dinamización da hostalaría de Ames. O programa, chamado Cultura de Bar, que conta coa colaboración da asociación de artesáns de Galicia Novos Talentos e co apoio económico da Deputación da Coruña, celebrarase durante catro fins de semana do mes de xuño. Esta iniciativa comeza esta fin de semana. Concretamente as actividades do programa están previstas para os días 8, 9, 10, 15, 16, 17, 22 e 29 de xuño. As actuacións desenvolveranse os venres 8, 15, 22 e 29, en horario de 21:30 a 23:30 horas.
Deste xeito, haberá actividades culturais durante os catro venres do mes de xuño nos 16 locais que participan na iniciativa. No programa participan 8 locais de Bertamiráns (Ferlós, New York, Ferrenquín, Meigas, Alborada, Koptel, Marcos e A Charca) e outros 8 do Milladoiro (O Pilón, Manhattan, Galway, 89, A Xunta do Medio, Premium, II Ritrovo, Babia).
O programa Cultura de Bar recolle diferentes actividades culturais como contos de tradición oral, actuacións musicais e de maxia, humor, monólogos, etc. O concello ten confirmada a participación de Loli Nogueira, cantante que participou no programa de televisión <<Tú sí que vales>>; Pepo Suevos, polifacético actor, cómico e contacontos que participa na serie ; Víctor Grande, monologuista e cantautor satírico que participou en varios programas televisivos da TVG; Mago Romarís; Miguel Alonso, cantautor en galego; Celso Sanmartín, contacontos de tradición oral; Paul Black, cantautor de música irlandesa; e o grupo de música folk-rock Duodeno.
Actuacións para o venres 8 de xuño
O programa Cultura de Bar comeza coas actuacións de Loli Nogueira, o grupo Duodeno, Celso Sanmartín e Víctor Grande. Estas actuacións divídense entre Bertamiráns e O Milladoiro. En Bertamiráns haberá dúas actuacións musicais. O programa comeza ás 21:30 h no Mesón Marcos coa actuación do grupo de música folk-rock Duodeno. Nesta mesma localidade, ás 22:30 h, no Café Ferlós estará Loli Nogueira. Por outra banda, no Milladoiro, haberá dúas sesións de monólogos. Ás 21:30 h, actuará Celso Sanmartín na Cafetería A Xunta do Medio, mentres que ás 22:30 h estará Víctor Grande no Bar 89.
Coa intención de facer máis atractivo o programa de Cultura de Bar os establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa estableceron a denominada “Tarifa plana 1€”, que consiste en que estes locais ofrecerán unha variedade de cada un dos produtos (auga, infusión, café, caña/clara e viño) ao prezo de 1 euro. A marca da bebida servida baixo esta tarifa especial será elixida por cada establecemento e será aplicada durante todos os días que se desenvolva o programa Cultura de Bar.
Mostra de artesanía
Ademais, as fins de semana do 8, 9 e 10 e do 15, 16 e 17 haberá 25 postos de artesanía distribuídos entre os 16 establecementos hostaleiros. Deste xeito os postos de artesanía Mauï, Happyland, Tartatatán, Paseloquepase, María de Janza Atelier e Tatiña ofrecerán produtos de téxtil, mentres que os postos Dumont, Rojocaperucita, Ana Kala, Eva Rieiro, Marybeliña, Lucia Recuncho Arte-San, Trebaruna, Ricotelia, Michimichiña, BB Colection, e Tienda de Negua porán a venda produtos de complementos.
Ademais, as tendas Cucammonas, El Baul Escondido, O pequeno Atelier e Camila Fernández Formoso ofrecerán produtos de bixutería; os postos O niño do Cuco ofrecerá produtos de feltro e traballos en coiro; as tendas Iraya e Mar Batallé Pérez disporán de produtos de xoiería e o posto Fóra do tempo ofrecen produtos de cerámica. O horario común establecido para a instalación dos stands de artesanía e de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.
Durante esta fin de semana (días 8, 9 e 10 de xuño) os postos de artesanía estarán instalados nos locais de Bertamiráns (Ferlós, New York, Ferrenquín, Meigas, Alborada, Koptel, Marcos e A Charca). Ademais, eses mesmos días o concello terá instalada unha carpa na praza da Maía, que lle cede a Asociación de Novos Talentos, para a realización de obradoiros dirixidos a todos os públicos, en horario de 17:30 h a 19:30 horas.
Toda aquela clientela que visite os postos de artesanía recibirá un boleto para o sorteo dunha cesta de produtos que venden os propios artesáns. Este sorteo está organizado la Asociación de Novos Talentos. O sorteo das cestas realizarase o domingo 10 de xuño, ás 20:00 horas, na carpa da prazas da Maía. Os números agraciados serán publicados na web municipal www.concellodeames.org e nos establecementos que colaboran neste programa.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Actividades culturales en los bares de Ames"




