Pestanas principais

Comeza o proceso de selección de participantes para a nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión 2023

Mércores, 07 de decembro de 2022

Ata o día 13 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar praza no novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión (2022-2023). O programa nesta edición está aberto a 100 persoas desempregadas, que se formarán nos ámbitos do comercio; almacén; ocio e tempo libre; limpeza de edificios e locais e arranxo de habitacións en hoteis; turismo; idiomas e novas tecnoloxías. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.

O novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión desenvolverase entre os meses de xaneiro e novembro de 2023. Está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 245.269,72 euros e confinanciado polos Concellos de Ames e Brión. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.

Para participar no programa as persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego e encadrarse nalgún dos colectivos seguintes:
-Persoas menores de 30 anos desempregadas dos concellos de Ames e Brión
-Mulleres desempregadas dos concellos de Ames e Brión .

Actividades a desenvolver
As persoas participantes formaranse nos ámbitos do comercio, almacén, ocio e tempo libre, limpeza e arranxo de habitacións en hoteis, turismo, idiomas e novas tecnoloxías, podendo elixir a formación que mellor se adapte ao seu perfil ou ás súas preferencias.  Tamén poderán recibir formación de carácter transversal: obradoiros de entrevistas, busca activa de emprego, idiomas (inglés), manipulación de alimentos, primeiros auxilios, habilidades sociais e comunicación, marca persoal, etc.

Terán titorías individualizadas nas que se lles facilitará información e orientación para a busca de emprego ou o autoemprego, así como outros recursos que podan necesitar para mellorar a súa empregabilidade (asesoramento para axudas e subvencións, homologacións, formación regrada, mobilidade laboral, etc.).

Ademais poderán realizar prácticas en empresas da contorna relacionadas co sector ou sectores de actividade nos que prefiran formarse.

Bolsas de axuda á conciliación
As persoas que formen parte do novo programa integrado de emprego Ames - Brión terán dereito a unha bolsa de 7 euros/día pola asistencia ás diversas accións do programa. Tamén se poñerá a disposición das persoas participantes axudas para a conciliación da vida laboral e familiar. Estas axudas estarán destinadas a cubrir os gastos de gardería e/ou atención ás persoas dependentes.

As actividades do programa desenvolveranse no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames (Rúa Costaneira, 2. Urb, Aldea Nova. Ames)

Xornada informativa
As persoas que cumpran os requisitos indicados e estean interesadas en ampliar información sobre dito programa poden acudir ao Centro de Emprego do Concello de Ames na seguinte data e horario:

DATA: Venres 9 de decembro de 2022
HORA: 12.00 horas.
LUGAR: Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames (planta superior) – urbanización de Aldea Nova – Rúa Costaneira, 2 – 15220 Ames (localización Google Maps).

Para asistir pincha no seguinte enlace e cubre os teus datos.

Podes pedir máis información no enderezo inseramesbrion@gmail.com ou nos teléfonos 608 459 678 (María) e 663 771 876 (Pablo).

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El plan de empleo de Ames y Brión, que logró una inserción del 60 %, oferta cien plazas"

El Correo Gallego: "Cien plazas con más de un 40 por ciento de inserción para formar a desempleados"

Cartaz programa integrado de emprego 2023