[29-04-2014] O Concello de Ames abre dende o 30 de abril ata o 12 de maio o prazo de preinscrición para participar nos campamentos de verán de 2014. As concellarías de Medio Ambiente e Xuventude prepararon un programa de actividades, que están pensadas para que os rapaces e rapazas, mozos e mozas, que cursan estudos dende 3º de educación infantil ata 4º da ESO gocen duns días de vacacións cheos de actividades lúdicas e instrutivas. Este ano ofértanse un total de 330 prazas repartidas en sete campamentos diferentes que se desenvolverán durante os meses de xuño, xullo e agosto. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a ficha de preinscrición e as bases dos campamentos de verán 2014.




