Pestanas principais

Comeza o prazo para inscribirse no obradoiro de “Kokedamas”

Luns, 05 de decembro de 2016

[05-12-2016] Detrás da palabra “kokedamas” agóchase unha técnica xaponesa que consiste en cultivar plantas directamente sobre bolas de arxila cubertas de musgo, para logo penduralas do teito. No obradoiro, que organiza a concellaría de Medio Ambiente, traballarase con “kokedamas” inspirados no Nadal. Impartirase na Aula da Natureza o sábado, 10 de decembro, entre as 16:30 e as 19:30 e está dirixido a persoas maiores de 16 anos. Hai vinte prazas. Os interesados/as poden inscribirse chamando ao teléfono 660004665. O prazo está aberto desde hoxe luns, día 5 de decembro, ate o venres, 9 de decembro, ás 14:00 horas.

Pódense realizar kokedamas con todo tipo de plantas e flores. Na Aula da Natureza este sábado vanse realizar dous: un de exterior a base de fentos e outro de interior no que predominarán as flores de pascua. A técnica para realizar estes dous kokedamas de Nadal será ensinada por Beatriz Noia, quen xa realizara para o concello obradoiros nos que se amosaban as técnicas para a realización de xardíns verticais. De feito os kokedamas son elementos que se fan para ser pendurados polo que teñen moito que ver co estilo dos xardíns colgantes.

Unha vez realizados, os kokedamas requiren poucos coidados. Necesitan ser colocados en sitios luminosos. Porén debe evitarse que lles dea a luz directamente. O rego depende do tamaño do kokedama e do tipo de planta do que estea feito. Por norma xeral soen regarse unha vez cada dúas semanas en inverno e dúas veces á semana en verán. Para elo, sumérxese

O rego depende del tamaño de la kokedama y del tipo de planta pero por norma general se suelen regar una vez cada dos semanas en invierno y dos veces a la semana en verano. Para elo basta con mergullar a bola de musgo nun barreño con agua e agardar a que deixen de saír burbullas. A seguir, sácanse do recipiente e se lles drena o exceso de auga. Tamén, especialmente se o tempo e moi seco, se pulveriza o musgo con auga para mantelo verde.

A palabra “Kokedama” provén do xaponés: koke significa musgo e dama, bola. En principio pódense realizar kokedamas con calquera tipo de planta, aínda que as que mellor se adpatan a vivir nunha bola de musgo son as plantas de crecemento lento.