[19-03-2013] As Concellerías de Cultura e Xuventude do Concello de Ames, en colaboración coa Asociación Galega de Xermanistas (AGX), organizaron un curso de alemán que está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender esta lingua e as culturas dos distintos países alemán falantes. Para participar nesta actividade establécese unha idade mínima de 16 anos e non son precisos coñecementos previos. O curso consta dun total de 40 horas lectivas distribuídas en 20 sesións de 2 horas de duración, que se impartirán os luns e mércores, en horario de 18:30 a 20:30 horas. As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello entre o 18 de marzo e o 5 de abril.
Por todos é sabido que estamos nunha época na que é fundamental o coñecementos de outras linguas estranxeiras como o inglés, alemán, francés, etc. Por iso dende o Concello de Ames, en colaboración coa Asociación Galega de Xermanistas (AGX), decidiuse poñer en marcha un curso de alemán que dará comezo o vindeiro luns, 8 de abril, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este curso desenvolverase ata o 17 de xuño.
O obxectivo deste curso é empezar co nivel A1 de alemán establecido polo Marco Europeo de Referencia na Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras, chegando a dar como mínimo a metade do temario correspondente ao nivel indicado no Marco. Esta actividade, que está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en aprender esta lingua e as culturas dos distintos países alemán falantes, ten un custo de 140 euros.
Para participar nesta actividade establécese unha idade mínima de 16 anos e non son precisos coñecementos previos. O curso consta dun total de 40 horas lectivas distribuídas en 20 sesións de 2 horas de duración, que se impartirán os luns e mércores, en horario de 18:30 a 20:30 horas. As datas de inscrición para participar neste curso van dende o 18 de marzo ata o 5 de abril. As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello.
Para obter máis información poden pórse en contacto coa Asociación Galega de Xermanistas chamando, en horario de tarde de 17:00 h a 21:00 horas, ao número de teléfono 686 543 021.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Aberto o prazo para inscribirse no curso de alemán en Ames"




