Pestanas principais

Comeza o prazo para apuntarse nos obradoiros da aula de informática do Milladoiro

Martes, 05 de abril de 2011

[05-04-2011] A programación da Aula de Informática de Ames continúa coa chegada da primavera, polo que todos aqueles que desexen aprender a navegar por internet, iniciarse nas follas de cálculo Excel e no funcionamento dos programas de presentación de contidos poderán apuntarse nos cursos que se impartirán en abril, maio e xuño. Hai dez prazas para cada curso que se cubrirán por orde de inscrición. Só se cobrará matrícula (6 euros) polo curso de iniciación ao Excel. O prazo de inscrición comeza o 4 de abril e rematará cando se cubran as prazas. Os interesados deberán inscribirse na Casa da Cultura do Milladoiro de luns a venres, en horario de 16:00 h. a 20:00 horas. Para poder participar nestes cursos é preciso estar empadroado no concello de Ames.