[05-04-2013] O Concello de Ames lembra que a Consellería de Cultura e Educación abriu o prazo de preinscrición para a matrícula no IES do Milladoiro, que comezará as clases o vindeiro curso. A preinscrición pode formalizarse no CEIP de Ventín desde o 5 ata o 17 de abril.