[08-10-2012] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Sociais, organizou un curso de galego dirixido a persoas inmigrantes e retornadas. Esta actividade ten como principal finalidade achegar aos extracomunitarios e retornados ás nocións básicas para a comprensión oral e escrita do galego, así como dar a coñecer a historia, situación actual e costumes da sociedade galega e da amiense, co fin de facilitarlles a introdución na sociedade de acollida. O curso estase realizando de xeito simultaneo en Bertamiráns, no Pazo da Peregrina, e no Milladoiro, no centro Tralará. Esta actividade, que se desenvolverá ata o próximo 22 de outubro, conta con 32 alumnos/as inscritos. Todas as persoas que completen as 32 horas das que consta o obradoiro obterán un diploma acreditativo.
O Concello de Ames ten unha alta porcentaxe de poboación chegada de fóra de Galicia. Na actualidade conta con persoas de 65 nacionalidades procedentes dos cinco continentes e cunhas 40 linguas. Esta realidade multicultural converte o concello amiense nun espazo privilexiado de intercambio cultural, unha interculturalidade que enriquece a toda a veciñanza.
Moitas destas persoas case non tiveron contacto coa lingua e coa cultura galegas ou permaneceron durante moitos anos alleas a ela. Por este motivo, dende a Concellería de Servizos Sociais, a través do Servizo de Atención ao Migrante, enténdese que é necesario organizar este curso, que está dirixido ás persoas inmigrantes e retornados que residen no municipio amiense. Este curso conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Emigración.
Un claro exemplo da multiculturalidade que hai en Ames é a diversidade de nacionalidades que conviven neste obradoiro. O alumnado que participa neste curso procede dez países diferentes. Neste momento son 32 as persoas que participan no curso de galego e proceden de países tan diversos como Colombia, Brasil, Venezuela, Marrocos, Guatemala, República Dominicana, Uruguai, Chile, Arxentina ou Ecuador.
Comprensión oral e escrita do galego
Esta actividade ten como principal finalidade achegar aos extracomunitarios e retornados ás nocións básicas para a comprensión oral e escrita do galego, así como dar a coñecer a historia, situación actual e costumes da sociedade galega e da amiense, co fin de facilitarlles a introdución na sociedade de acollida.
O curso estase realizando de xeito simultaneo en Bertamiráns, no Pazo da Peregrina, e no Milladoiro, no centro Tralará que está situado na rúa de Abaixo, número 11 baixo. En Bertamiráns asisten 11 persoas, mentres que no Milladoiro están participando no curso un total de 21 persoas. Esta actividade formativa comezou o día 3 de outubro e desenvolverase ata o 22 do mesmo mes. A duración desta actividade é de 32,5 horas repartidas en 13 sesións de 2,5 horas cada unha.
Os obxectivos que se buscan a través desta actividade son mellorar as posibilidades de integración destas persoas na sociedade por medio do coñecemento da lingua galega; conseguir habilidades básicas en lingua galega para a vida cotiá, tanto na fala coma na escrita; obter coñecementos da realidade cultural e histórica de Galicia e de Ames; e achegar ao colectivo migrante os diferentes servizos municipais e a oferta cultural e de ocio do Concello, facilitando tamén o acceso destas persoas á administración pública. Este curso tamén serve como preparación para á obtención dos certificados oficiais de lingua galega (CELGAS).




