[02-07-2016] Esta semana comezou o curso de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, que se enmarca dentro do programa da rede Xiana 2. O curso, que se imparte no centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado na rúa Costaneira, número 2, en Aldea Nova, ten unha duración total de 900 horas. Aínda quedan prazas libres, polo que as persoas que estean interesadas en participar nesta iniciativa deben poñerse en contacto co Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, en horario de 8:00 a 14:00 horas, chamando aos números de teléfono 663711876 – 608459678.
O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, visitaron esta semana ao alumnado que está participando neste curso para darlles a benvida e animalos a que aproveiten esta acción formativa para mellorar e ampliar a súa formación. Este curso, que se enmarca dentro do programa da Rede Xiana 2, é unha iniciativa para o fomento do emprego promovida e financiada pola Deputación da Coruña, coa que o Concello de Ames vén colaborando dende o ano 2013.
O curso de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, que se imparte nas instalacións do Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado en Aldea Nova, ten unha duración total de 900 horas. Dispón de seis módulos diferentes: replanteo de instalacións solares fotovoltaicas (150 horas); montaxe de instalacións solares fotovoltaicas (210 horas); mantemento de instalacións solares fotovoltaicas (60 horas); formación transversal on-line (120 horas); programa de orientación e inserción laboral (160 horas); e un módulo de prácticas profesionais non laborais (200 horas).
Prácticas non laborais de 200 horas
Tal e como figura no programa do curso, o finalizar a parte formativa os alumnos terán un período de realización de prácticas non laborais de 200 horas en empresas da contorna co obxectivo de establecer un primeiro contacto co ambiente real de traballo e de poñer en práctica os coñecementos adquiridos coa formación recibida.
Este curso está dirixido a persoas desempregadas, tanto que participaran en accións formativas anteriores deste plan, relacionadas coa familia profesional de electricidade e electrónica, como para novos participantes, sempre que cumpran cos requisitos de formación esixidos correspondentes a un certificado de profesionalidade de nivel 2.
Aínda quedan prazas libres, polo que as persoas que estean interesadas en participar nesta iniciativa deben poñerse en contacto co Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, en horario de 8:00 a 14:00 horas, chamando aos números de teléfono 663711876 – 608459678.
Contido relacionado

La Voz de Galicia:"Ames pone en marcha un curso sobre instalaciones solares"




