Pestanas principais

Comeza o curso de iniciación ás follas de cálculo que organiza a Aula de informática do Milladoiro

Mércores, 02 de maio de 2012

[02-05-2012] Esta semana deu comezo un novo curso de iniciación ás follas de cálculo na aula de informática do Milladoiro. Neste curso, que rematará o 31 de maio, participan 20 persoas que están aprendendo o funcionamento básico das follas de cálculo en dúas quendas, unha de mañá, de 10:00 h. a 12:00 horas, e outra de tarde, de 19:00 h. a 21:00 horas. Para o mes de xuño está previsto que se desenvolva un obradoiro de mecanografía para nenos/as. Este curso está dirixido a nenos/as de entre 8 e 12 anos interesados en aprender a manexar un programa de mecanografía. Ademais, esta aula de informática segue ofrecendo o servizo de Aula Aberta, en horario de 16:00 a 20:00 horas, para que todas as persoas interesadas poidan facer uso dos ordenadores.

A aula de informática do Milladoiro, situada na Casa da Cultura desta localidade, está desenvolvendo diferentes actividades dentro da programación de primavera. Dentro desta programación está incluído un curso de iniciación ás follas de cálculo, que se está impartindo dende este mércores, 2 de maio, na aula de informática do Milladoiro. Nel, 20 amienses irán aprendendo ao longo destas sesións como utilizar as follas de cálculo.

Esta actividade, que se prolongará ata o vindeiro 31 de maio, está organizada en dúas quendas, unha de mañá, de 10:00 h. a 12:00 horas, e outra de tarde, de 19:00 h. a 21:00 horas, para facilitar a asistencia do maior número de persoas posible. Os asistentes realizarán diversas actividades coa finalidade de practicar e familiarizarse cos programas de xestión de follas de cálculo. Os usuarios/as que asisten a este curso completarán un total de 40 horas lectivas.

A través do manexo deste programa os usuarios poden crear facturas, follas de balance, control de gastos, ou levar o estado das contas, axudando así a controlar a economía dun fogar ou dunha empresa. Durante esta semana os participantes estanse familiarizándose cos formatos, fórmulas básicas, gráficos, fórmulas avanzadas, utilización de autoformas, etc. Todas estas operacións estanse realizando a través de exercicios prácticos con modelos de facturas e presupostos. Os participantes no curso tamén aprenderán a desprazarse por unha folla de cálculo, cambiar o formato, a personalización das celas, configuración de páxinas e a introdución ás diferentes fórmulas existentes.

Para o mes de xuño queda o obradoiro de mecanografía para nenos/as. Este curso está dirixido a nenos/as de entre 8 e 12 anos interesados en aprender a manexar un programa de mecanografía. Esta actividade desenvolverase entre o 11 e o 15 de xuño, en horario de 16:00 h a 17:00 horas. O obradoiro, que ten unha duración de 5 horas, é gratuíto. Ofértanse un total de 10 prazas.

Servizo de Aula Aberta

Por outra banda ofrécese o servizo de Aula Aberta, habitualmente entre as 16:00 e as 20:00 horas, do que poden facer uso dos ordenadores todas as persoas que estean empadroadas no concello. Para poder empregar o servizo de Aula Aberta só hai que cubrir unha ficha cos datos persoais e entregar unha fotografía coa que facer o seu carné de usuario/a. A persoa encargada da aula dálles un número de usuario/a e explícalles as normas. Os usuarios/as poden daquela empregar os ordenadores da aula para o que precisen, como consultar o correo electrónico, ler o xornal, xogar ou buscar información. Ante calquera dúbida poden preguntar o que desexen á persoa responsable. Tamén poden acudir usuarios cos seus ordenadores portátiles persoais a resolver as dúbidas que teñan no manexo da informática.