[08-07-2014] Este luns, 7 de xullo, dou comezou o campamento urbano de verán que está desenvolvendo o Concello de Ames, a través da concellería de Medio Ambiente, nas instalacións da Aula da Natureza. Neste campamento están inscritos un total de 20 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos. Durante as xornadas do campamento urbano, os nenos e nenas participarán en obradoiros ambientais, actividades de cociña, xogos tradicionais, actividades de horta e varias excursións. Estas actividades desenvolveranse entre o día 7 e o 11 de xullo e do 14 ao 18 de xullo, en horario de 16:30 a 20:00 horas. Para facilitar a asistencia dos rapaces, o Concello habilitou un servizo de autobús que traslada os participantes ata a Aula da Natureza e que os leva de volta ao remataren as actividades.
Debido ao éxito acado nas dúas edicións anteriores, a concellaría de Medio Ambiente decidiu volver a organizar o campamento urbano de verán que se desenvolverá durante as tardes do mes de xullo nas instalacións da Aula da Natureza. Esta actividade, que está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos de idade, terá lugar do día 7 ao 11 de xullo e do 14 ao 18 de xullo, en horario de 16:30 a 20:00 horas.
A través desta actividade trátase de que os rapaces e rapazas pasen unhas tardes entretidas durante a época estival. Os 20 nenos e nenas que están inscritos neste campamento participarán en obradoiros, xogos e excursións. En algunhas actividades divídense os rapaces en varios grupos tendo en conta a súa idade, pero nas excursións e nos grandes xogos participan todos os nenos/as para que todos os participantes manteñan o contacto e a relación durante estes 10 días que dura o campamento urbano.
Os rapaces e rapazas participarán en grandes xogos colectivos, xogos tradicionais e de orientación, actividades de horta e de xardinaría, obradoiros ambientais, actividades de deseño de moda e de reciclaxe, e obradoiros de cociña. Ademais, participarán en varias saídas educativas. Deste xeito, farán a ruta do Tambre e a Senda verde, que une as localidades do Milladoiro e de Bertamiráns, así como visitarán a fábrica de FEIRACO. Un total de 3 monitores/as serán os encargados de estar cos rapaces e rapazas, así como de organizar todas as actividades que se realicen.
Obradoiro de astronomía
Durante o primeiro día do campamento urbano os rapaces e rapazas participaron en varios xogos de presentación para coñecerse entre eles. Tamén coñeceron as normas que hai que seguir durante estes 10 días que dura o campamento urbano. Unha vez, presentados e coñecidas as normas os nenos e nenas participaron nun obradoiro de astronomía impartido polo persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela.
Primeiro, impartiron unha charla sobre o sistema solar, e a continuación, realizaron unha representación dos planetas do sistema solar. Posteriormente, os nenos e nenas estiveron divididos en dous grupos para participar nun obradoiro. Deste xeito, os máis pequenos debuxaron o sistema solar, mentres que os maiores aprenderon a montar e desmontar un telescopio (coñeceron as partes dun telescopio: as lentes, os espellos, etc). Esta actividade enmárcase dentro do programa de divulgación astronómica en Galicia, Todocosmos.
O venres, 18 de xullo, clausurarase o campamento urbano. Para facilitar a asistencia dos rapaces, o Concello habilitou un servizo de autobús que traslada os participantes ata a Aula da Natureza e que os leva de volta ao remataren as actividades. Hai tres paradas establecidas: na EEI Milladoiro, na Casa da Cultura do Milladoiro e na praza do Concello.
Para ampliar calquera outra información, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org ou chamar ao número de teléfono 660 004 665.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "El campamento del Aula da Natureza incluye rutas de senderismo y astronomía"
El Correo Gallego: "Comeza o campamento urbano que se desenvolverá ata o 18 de xullo nas instalacións da Aula da Natureza"




