Pestanas principais

Comeza a funcionar a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames

Mércores, 04 de decembro de 2019

Este martes, 3 de decembro, presentouse de xeito oficial no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames. Neste acto participaron o alcalde de Ames, José Miñones, a presidenta da directiva da Xunta Local de Ames, Esther Souto, o presidente da Xunta Provincial da Coruña da AECC, Manuel Aguilar, e o oncólogo pertencente ao Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Santiago Aguín.

A Asociación Española Contra o Cancro conta dende este martes, 3 de decembro, cunha nova xunta local en Ames, sendo a número 45 da provincia. As integrantes da directiva desta xunta local son Merche Carballeira, Amparo Brea e Esther Souto. Esta última exerce o cargo de presidenta. Esta asociación xorde debido as características demográficas do concello de Ames, xa que a niveis de poboación é un dos concellos máis grandes de Galicia. Ata o de agora, Ames non contaba con Xunta Local propia e dependía da xunta local de Santiago de Compostela.

Durante o acto tivo lugar unha charla do doutor Santiago Aguín, oncólogo pertencente ao Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, a través da cal explicou aos asistentes pequenas pinceladas sobre a oncoloxía médica.

A Asociación Española Contra o Cancro
A AECC foi creada no ano 1953 e conta con 3.000.000 de socios en toda España e 2.000 xuntas locais. A Xunta Local de Ames sería a número 45 de xuntas locais da asociación na provincia de A Coruña.

A primeira misión da Asociación Española Contra o Cancro é contribuír á divulgación de programas e servizos da propia asociación. O traballo que realiza é informar, concienciar e acompañar aos enfermos/as e as súas familias. A labor de informar realízana a través de campañas de prevención, de relación cos Concellos para facer actividades, participar en eventos locais, achegarse aos centros educativos e as asociacións municipais.

Ademais, realiza un importante traballo de apoio e concienciación. O que se fai é derivar os casos detectados a profesionais especializados nesta materia. Os plans de prevención estanse centrando no cancro de pel, mamá e próstata. Para levar a cabo dita labor necesítanse recursos, patrocinios ou doazóns para fomentar a investigación. Se queres colaborar facéndote socio, chama ao 900 900 939 ou entra na súa páxina web.

 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Fomentan en Ames la dieta sana contra el cáncer"

La Voz de Galicia: "Esther Souto: «Al cáncer hay que mirarlo a los ojos, es un primer paso para vencerlo»"

Compostela 24 horas: "A AECC comeza a súa andadura en Ames"

Presentación Xunta Local AECC

Multimedia

  • Presentación Xunta Local AECC
  • Presentación Xunta Local AECC
  • Presentación Xunta Local AECC
  • Presentación Xunta Local AECC