[09-11-2011] Ler e comentar o que se le, viaxar aos lugares que se citan nun conto ou ver xuntos a película que se fixo sobre unha novela son algunhas das actividades do club de lectura para adultos que se organizou na biblioteca do Milladoiro. O club realízase ao abeiro das campañas de animación á lectura que durante todo o ano desenvolven as bibliotecas municipais. O pasado xoves, 3 de novembro, realizouse a primeira reunión do club de lectura do Milladoiro para definir o horario e o primeiro libro que van ler. Nesa primeira xuntanza estableceuse que o Club de lectura se reunirá cada quince días. Será os mércores a partir das 21:00 horas na biblioteca do Milladoiro. Ademais, elixiuse o libro La fiesta del chivo de Vargas Llosa para comezar a traballar. Nesta primeira xuntanza participaron un total de 14 persoas. Hai que destacar que o concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio, Alfonso Rey, será un dos integrantes deste club de lectura.
Existe unha enorme variedade de programas e actividades destinados ao fomento da lectura para os cativos, pero, moitas veces, esquecese que os adultos poden precisar un empurrón para comezar a ler con asiduidade ou retomar un hábito de lectura perdido. Para iso creáronse os clubs de lectura de adultos, que naceron dentro das actividades de animación á lectura que as bibliotecas municipais desenvolven con regularidade ao longo de todo o ano.
Despois de dous anos de parada, bota a andar de novo o club de lectura do Milladoiro. Esta actividade interrompeuse hai dous anos e agora volve con forza para fomentar o hábito da lectura entre os adultos. Os clubs de lectura de adultos naceron entre os meses de marzo e abril de 2006 dentro das actividades de animación á lectura das bibliotecas municipais.
Deste xeito, o pasado xoves 3 de novembro, realizouse a primeira reunión do club de lectura do Milladoiro. Nesta primeira xuntanza definiuse o horario e o primeiro libro que se vai a ler durante este curso. O horario de reunión será os mércores, cada quince días, a partir das 21:00 horas na biblioteca do Milladoiro. Por outra banda, elixiuse o primeiro libro que vai ser La fiesta del chivo de Vargas Llosa. Nesta xuntanza participaron un total de 14 persoas. Este servizo está aberto a todos os veciños/as que queiran participar nel. Para inscribirse poden chamar ao número de teléfono 981 530 807 ou enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.org.
A partir de agora establécese un prazo para ler un certo número de páxinas do libro elixido e despois comentalo, destacar frases curiosas e xerar un debate ao redor del regulado por un moderador. Está actividade, que se realizará na biblioteca municipal do Milladoiro, está aberta á participación de todos os adultos que queiran volver coller os libros.
Nos clubs de lectura intercambiaranse ideas e opinións sobre as lecturas realizadas, visitaranse lugares citados nos contos e nas novelas, veranse as películas realizadas sobre as obras, e, en definitiva, complementarase a lectura con outras actividades que fagan máis amena e máis activa a participación no club.
O seu obxectivo principal é o de familiarizarse coa lectura en voz alta, perdendo o medo a ler fronte aos demais. Ademais, farase un resumo e unha breve biografía do autor coas principais ideas que se queiran transmitir para contextualizar a obra. Pero este tipo de actividades non só potencian o uso da lectura, senón que van máis aló. Dentro das actividades de dinamización da lectura programaranse tamén saídas literarias. En definitiva, complementan a lectura con outras actividades que fagan máis amena e máis activa a participación no club.




