Pestanas principais

Clausurouse o obradoiro de informática no que participaron os alumnos/as da Escola integral de maiores do Milladoiro

Xoves, 25 de xuño de 2015

[25-06-2015] Un ano máis a Aula de informática do Milladoiro organizou unhas xornadas de iniciación á informática que estiveron dirixidas aos usuarios/as da Escola integral de maiores do Milladoiro. Este curso desenvolveuse de febreiro a xuño na aula de informática da Casa da Cultura do Milladoiro. Con motivo do remate do curso a concelleira de Benestar social, Luísa Feijóo, e a concelleira de Atención veciñal, Isabel González, fixeron entrega dos diplomas que acreditan o correcto aproveitamento deste curso no que o alumnado lembrou diferentes nocións sobre o uso da Internet e aprendeu a usar un procesador de textos.


Ademais, aprenderon a utilizar de forma básica un procesador de textos para escribir unha carta, realizar unha táboa, facer un calendario, etc. Este obradoiro rematou o pasado 17 de xuño coa entrega de diplomas na que estiveron presentes a concelleira de Benestar social, Luísa Feijóo, e a concelleira de Atención veciñal, Isabel González.

Este curso encadrouse dentro da programación que desenvolve a Aula de Informática do Milladoiro todos os trimestres, unha programación que abrangue multitude de actividades co obxectivo de que a veciñanza amiense teña a oportunidade de mellorar os seus coñecementos de informática.

Os alumnos/as da Escola Integral de Maiores do Milladoiro participaron nunhas xornadas de iniciación á informática. Nestas clases aprenderon nocións sobre a Internet e sobre o uso dun procesador de textos. Algúns destes alumnos/as xa participaron en anos anteriores nestas xornadas, polo que esta actividade serviulles para repasar o que xa aprenderon noutras edicións. Aínda así, recordaron as nocións que aprenderon anteriormente con exercicios de memoria cos que practicaron a utilización do rato.

Nas clases, os e as asistentes aprenderon a manexar o rato, o teclado, a crear carpetas, gardar arquivos nas carpetas, cambiar o fondo de escritorio, modificar e configurar o protector de pantalla, etc. Estas actividades de iniciación á informática combináronse con outras nocións sobre a Internet. Deste xeito, aprenderon a usar Internet para calcular rutas, buscar información de lugares concretos, comprar entradas para ir ao cine, mercar billetes de tren, consultar a prensa, escoitar á radio, ver a televisión...