[08-04-2015] O paro no concello de Ames descendeu en marzo un 6,84 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Os datos do último informe da Consellería de Traballo da Xunta sinalan que o municipio amesán acumula o segundo mes de descenso consecutivo do paro dende comezos de 2015.
O alcalde de Ames, Santiago Amor, reafírmase en que a tendencia de creación de emprego “vai a máis”. “Mes a mes imos vendo como a xente se vai ocupando e aumentan as esperanzas de atopar traballo”, indica o rexedor.
En total son 2.683 as persoas sen traballo, vinte e cinco menos que no mes de febreiro. Por áreas de actividade, o sector servizos acumula o maior número de parados –1.860–, seguido da construción e a industria, con 327 e 236, respectivamente. A agricultura e a pesca rexistran o dato máis baixo, 29 desempregados.




