Pestanas principais

Cheo na Casa da Cultura de Bertamiráns para ver o concerto de Caxade e a Banda de Música de Brión

Martes, 20 de xaneiro de 2026

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado venres, 16 de xaneiro, o concerto do artista amesán, Alonso Caxade, xunto coa Banda de Música de Brión, organizado polo Concello de Ames, a través da concellaría de Cultura. Esta actuación foi a primeira que Caxade realizou no seu concello despois dunha longa traxectoria musical. Foi un concerto cheo de emotividade e paixón no que o público gozou cun repertorio moi variado.

O músico amesán Alonso Caxade actuou por primeira vez no concello de Ames o pasado venres 16 de xaneiro. O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu un concerto de Caxade, que estivo acompañado da Banda de Música de Brión. Esta actividade estaba programada para o pasado mes de novembro, dentro da programación de Santa Icía, pero tivo que ser adiada por motivos de saúde do músico.

Tralo concerto Alonso Caxade dixo: “actuar por primeira vez no meu concello con este proxecto musical Caxade foi un orgullo e moi significativo para min. Con este proxecto musical que leva o meu nome actuamos en moitos lugares, e incluso en diferentes países, chegando a ser representantes galegos no festival Suns Europe. Era curioso que aínda non tocásemos en Ames despois de 12 anos de proxecto musical. Por iso esta actuación foi como quitarse unha carga e foi ao mesmo tempo quitarse esa espiña que tiña cravada. Foi un pracer poder facelo para familiares, amigos e amigas, e público en xeral. Tocar na casa é sempre un gran gusto”.

Ademais, destacou que “a valoración do concerto é máis que positiva, primeiro por tocar en Ames por primeira vez despois de tantos anos, e en segundo lugar por facelo nun concerto tan especial coa Banda de Música de Brión. Todas as persoas que asistiron quedaron impresionados por este concerto que estivo cheo de emotividade e paixón. Aproveito para agradecer o convite que me fixo o Concello de Ames para cumprir esa ilusión de tocar no meu concello, e tamén quero agradecer á Banda de Música de Brión e a Jorge, que é o seu director, por aceptar esta proposta. Queda aberta a posibilidade de volver a repetir e facelo noutro lugar”.

Caxade é un proxecto musical de estilo Indie-folk creado no 2012 por, precisamente, Alonso Caxade. Dende ese ano, acumula o Premio Martín Códax da Música na categoría de folk en 2016, e o Premio María Casares á mellor música orixinal por Casa O’Rei, de Ibuprofeno Teatro, no ano 2019. Ademais de ditos premios, Caxade representou a Galicia no Suns Europe, o festival europeo da canción en linguas minoritarias.

No caso da Banda de Música de Brión, esta foi creada no ano 1997 da man de Ricardo Noia como sucesora da histórica banda de Luaña, fundada no 1914 e moi recoñecida por todo o país. A día de hoxe, a Banda de Música de Brión está formada na súa maioría por músicos mozos que proceden principalmente da Escola de Música do propio Concello. Todos eles cunha grande experiencia musical en interpretación de diversos estilos de obras, música clásica, moderna ou bandas sonoras.

Cheo na Casa da Cultura de Bertamiráns para ver o concerto de Caxade e a Banda de Música de Brión

Multimedia

  • Cheo na Casa da Cultura de Bertamiráns para ver o concerto de Caxade e a Banda de Música de Brión