Pestanas principais

Chega a terceira edición da exposición moteira BikeShow Bertamiráns, o vindeiro sábado 29 de agosto

Domingo, 16 de agosto de 2026

A asociación moteira Motorcycles & Rock and Roll ten programada para o vindeiro sábado, 29 de agosto, a terceira edición do BikeShow Bertamiráns, un encontro para a comunidade moteira no antigo campo de fútbol das Pateiras no que se exporán motos customizadas das persoas asistentes e que contará cos concertos de Calle del Ruído e The Bandits, premios, stands, foodtrucks, zona de acampada e algunha sorpresa máis. O evento comezará a partir das 11.00 horas e conta coa colaboración do Concello de Ames. Para máis información pódese consultar no número de teléfono 604 115 610 ou no código QR do cartel.

A comunidade moteira terá en Ames un lugar de encontro o próximo sábado, 29 de agosto. A asociación Motorcycles & Rock and Roll, de Bertamiráns, organiza a terceira edición do seu BikeShow, unha exposición de motos customizadas no antigo campo de fútbol das Pateiras. Durante a xornada, as persoas asistentes poderán levar a súa moto e participar nun concurso que contará cun xurado externo ao club Motorcycles & Rock and Roll.

O evento dará comezo ás 11.00 horas e dende ese momento xa se poderán levar as motos para o concurso. Durante a mañá as persoas asistentes poderán gozar dun gran ambiente moteiro, con música, stands de merchandising e actividades para os máis cativos e cativas. Á hora do vermú haberá un concerto sorpresa. 

Xa pola tarde, o grupo de ska castellonenco The Bandits comezará a dar ambiente antes da entrega de premios ás mellores motos. Ditos galardóns serán para as categorías de Chopper Custom, Paint Strange, Rat, Classic, Lady Byker e Best of Show. Tras a entrega, darase paso ao último concerto da noite, da man do grupo pontevedrés Calle del Ruído. 

O evento finalizará tras esta última actuación, mais quen o desexe poderá pasar a noite nunha zona de acampada habilitada na zona do pavillón municipal de Bertamiráns. Para máis información, pódese consultar ao número de teléfono 604 115 610 ou no código QR do cartel. A entrada terá un custo de 15 euros. Os nenos e nenas entran gratis.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Ames rugirá con motos y música en el tercer 'BikeShow Bertamiráns' de Motorcycles & Rock and Roll"

Chega a terceira edición da exposición moteira BikeShow Bertamiráns, o vindeiro sábado 29 de agosto

Multimedia

  • Chega a terceira edición da exposición moteira BikeShow Bertamiráns, o vindeiro sábado 29 de agosto