Pestanas principais

Chega o teatro do absurdo a Ames coa obra "O Montacargas"

Martes, 20 de abril de 2021

A obra de teatro do absurdo O Montacargas, da compañía Ainé Producións, representarase na Casa da Cultura Bertamiráns este venres, 23 de abril, ás 20.30 horas. A historia, adaptada por Evaristo Calvo, de 55 minutos, mestura o humor co horror. Aínda quedan entradas dispoñibles que se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 5 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2,5 euros. Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

O Montacargas é unha obra teatral escrita nun só acto por Harold Pinter no ano 1957 e que foi enmarcada polo teórico Martin Esslin dentro da corrente dramática "Teatro do Absurdo".

A historia transcorre arredor de dous homes, Ben e Gus, que están pechados nun cuarto, unha estancia miserablemente amoblada. As personaxes discuten sobre noticias de prensa e equipos de fútbol. Mentres avanzan no diálogo, Pinter dános a entender que se tratan de dous asasinos a soldo á espera de misteriosas ordes que unha organización ten que transmitirlles. A tensión da espera desemboca nunha conversa intranscendente.

A historia avanza cando, por medio dun montacargas, comezan a chegarlles mensaxes e pedidos que parecen ser un xeito de comunicación de persoas que habitan na parte superior da estancia na que se atopan eles. O único que saben da súa futura vítima é que aparecerá dun momento a outro. Esta adaptación de Evaristo Calvo está protagonizada por Federico Pérez y Santi Romay.

Venda de entradas
Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros. As entradas para asistir ao espectáculo tamén se poden adquirir na Casa da Cultura de Bertamiráns o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Coa finalidade de facilitar a asistencia aos espectáculos e potenciar a participación establécese un prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade). Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Obra de teatro co amo da comedia galega, Federico Pérez, dende Bertamiráns"

O Montacargas