Pestanas principais

Chega o innovador obradoiro de relaxación ao Milladoiro

Martes, 12 de novembro de 2019

O obradoiro de relaxación, organizado pola Oficina de Voluntariado de Ames, dará comezo o próximo 26 de novembro na Casa da Cultura do Milladoiro e impartirase todos os martes, en horario de 11.00 a 12.30 horas. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse chamando ao 662 377 044 ou enviando un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal.

Esta nova actividade organizada pola Oficina de Voluntariado de Ames, comezouse a impartir este pasado mes de outubro en Bertamiráns, e agora iniciarase tamén no Milladoiro. A través del, realizaranse exercicios físicos e relaxacións guiadas, sempre poñendo atención ao noso corpo e a nosa mente.

O taller ten como obxectivo, a través de exercicios físicos de suave ximnasia e relaxacións fluídas, encontrar un pouco de sosego para a nosa vida diaria. Constará de dúas partes, cunha primeira na que se realizará unha suave táboa de exercicios. En canto á segunda, esta será máis interactiva. A profesora voluntaria encargada de impartir este obradoiro no Milladoiro será Marina Lassine.

Cada día exporase un tema, unha masaxe ou incluso unha modalidade de debuxo, como realizar un mandala ou intentar expresar os nosos sentimentos a través da pintura. Outra posible actividade poderá ser plantar simbolicamente os sentimentos de próspero futuro ou incluso escribir frases de superación para repartilas entre os compañeiros do taller.

O obradoiro convértese polo tanto, nunha experiencia coa que se encontrará o equilibrio e sosego con un mesmo para o noso día a día. Para máis información ou inscricións, pódese chamar ao número de teléfono 662 377 044 ou enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal.

Cartel obradoiro de relaxación

Multimedia

  • Cartel obradoiro de relaxación