Pestanas principais

Chega este xoves ao Milladoiro a segunda andaina da actividade “Camiñando no solpor”

Martes, 19 de agosto de 2025

Este xoves, 21 de agosto, terá lugar a segunda das tres andainas da actividade “Camiñando no solpor”, enmarcada dentro das propostas de activades deportivas de terapéuticas de verán organizadas pola Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde. Nesta ocasión, a camiñada será polo Milladoiro, ás 20.00 horas, e terá unha duración aproximada de dúas horas. O punto de encontro é diante do centro de saúde da localidade. A actividade é gratuíta e non é preciso de inscrición previa. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, está a desenvolver a actividade “Camiñando no solpor”, unha serie de tres andainas que se realizan os xoves que restan do mes de agosto en Bertamiráns e no Milladoiro. Todas as camiñadas comezan ás 20.00 horas e teñen unha duración aproximada de dúas horas. 

A primeira desta serie de andainas desenvolveuse o pasado día 14, en Bertamiráns, na que participaron arredor de 20 persoas. Nesta camiñada realizouse a ruta do rego dos Pasos, unha senda moi cha e dunha lonxitude aproximada de 2 quilómetros de ida e outros 2 de volta que transcorre polos lugares de Loureiros e Capeáns ata chegar ao muíño de Covas. 

“Camiñando no solpor” é unha das propostas de actividades deportivas e terapéuticas de verán que organiza o departamento de Deportes para este verán. Ao longo dos meses de xullo e agosto, impartíronse diferentes actividades, todas gratuítas e sen necesidade de inscrición previa: ioga, ioga terapéutico, taichi-chikung e aquagym. 

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Chega ao Milladoiro a segunda andaina de ‘Camiñando no solpor’"

Diario de Santiago: "Chega este xoves ao Milladoiro a segunda andaina da actividade “Camiñando no solpor”"

Xornal de Compostela: "O Milladoiro acolle este xoves a segunda andaina do programa ‘Camiñando no solpor’"

Ruta do rego dos pasos

Multimedia

  • Chega este xoves ao Milladoiro a segunda andaina da actividade “Camiñando no solpor”