Pestanas principais

Chega a Bertamiráns a obra de teatro infantil Area e Auga

Martes, 27 de decembro de 2011

[27-12-2011] A compañía Teatro del Andamio representa este martes, 27 de decembro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns a obra teatral Area e Auga. Os actores que traballan nesta peza teatral son Gemma Ulloa, Carmen Blanco, Álvaro Guevara e Nacho Martín. A obra conta o que lles pasa a catro persoas que viven moi preto, pero sen falarse, ata que un día comezan a relacionarse cos seus veciños. con esta representación foméntase a perda do medo a situacións novas e descoñecidas ás que nos enfrontamos día tras día. A obra de teatro encádrase dentro da programación cultural de Nadal e está dirixida ao público infantil.

A compañía Teatro del Andamio volve a achegar o teatro infantil á Casa da Cultura de Bertamiráns. O martes 27 de decembro, ás 17:00 horas, representará a peza Area e auga. Hai xente que bebe area, pero non porque lles guste, senón porque nunca probaron a auga. ¿Que se conta? O que lle pasa a catro persoas que viven a cada lado dunha parede e un díacomezan a relacionarse cos seus veciños. ¿Que se rescata? O valor de vencer o medo, as situacións novas e descoñecidas ás que nos enfrontamos a diario.

Trátase dunha obra teatral que durará unha hora e está dirixida principalmente a público infantil de entre 4 e 10 anos. Os actores que traballan en Area e Auga son Gemma Ulloa, Carmen Blanco, Álvaro Guevara e Nacho Martín.

A programación teatral no Concello de Ames continua o vindeiro martes 3 de xaneiro na Casa da Cultura do Milladoiro coa obra Oh qué bonito é Pánama!, unha adaptación dun conto infantil de Janosch levada a cabo por Panamesiana Teatro. Esta obra será representada ás 17:00 horas, no auditorio do centro sociocultural do Milladoiro.