Pestanas principais

Charla-debate na biblioteca do Milladoiro: Videoxogos polo Nadal? Como elixilos

Luns, 04 de decembro de 2017

[04-12-2017] A biblioteca municipal do Milladoiro acolle este luns, 4 de decembro, ás 19:00 horas, a charla-debate Videoxogos polo Nadal? Como elixilos. A actividade que está organizada pola Nova Escola Galega, correrá a cargo da pedagoga Silvia López Gómez. Nela afondarase nos mellores criterios a seguir á hora de escoller estes artigos.