[31-10-2016] O comercio amesán “A Cesta natural” organiza en decembro, coa colaboración do Concello de Ames, unha cata de viños galegos no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O “V túnel do viño” terá lugar o sábado 10 de decembro entre as 18:00 e as 22:00 horas. Por cinco euros as persoas amantes do viño poderán degustar até 180 caldos galegos diferentes da xeografía galega traídas das bodegas de até 30 adegas diferentes.
O 10 de decembro o Pazo da Peregrina acolle unha cita ineludible para aqueles e aquelas aos que lles guste probar distintos tipos de viños. A Cesta Natural organiza, coa colaboración do Concello de Ames, a súa quinta edición do seu “Túnel do Viño”. O responsable deste establecemento de Bertamiráns, Juan Gaiteiro, explica que a tenda xa non é capaz de albergar a todas as persoas participantes, polo que a actividade foi trasladada ao pazo. “Moitos adegueiros quixeron unirse”, sinalou satisfeito.O 10 de decembro o Pazo da Peregrina acolle unha cita ineludible para aqueles e aquelas aos que lles guste probar distintos tipos de viños. A Cesta Natural organiza, coa colaboración do Concello de Ames, a súa quinta edición do seu “Túnel do Viño”. O responsable deste establecemento de Bertamiráns, Juan Gaiteiro, explica que a tenda xa non é capaz de albergar a todas as persoas participantes, polo que a actividade foi trasladada ao pazo. “Moitos adegueiros quixeron unirse”, sinalou satisfeito. As entradas poranse en venda a partir do día 1 de decembro na tenda ou na páxina web. A cata comezará o sábado ás 18:00 e rematará ás 22:00 horas.
A Cesta Natural púxose en contacto con distintas adegas de Galicia, repartidas polas catro provincias. “Este ano participan 30, pero aínda así quedaron moitas fóra”. Juan considera este dato unha proba da fortaleza do sector vitivinícola galego. “O noso patrimonio é xigantesco, cada vez xurde máis xente” que traballa as viñas, “e que o fai ben”. As adegas que se uniron a este “Túnel do viño” son “máis pequenas”, xa que a organización se inclina por persoas que traballen “de xeito tradicional, achegándose o máis posible á agricultura ecolóxica e sostible”.
Juan explica que non só querían contar coa presenza de numerosos colleiteiros e colleiteiras, senón que queren levar até o Pazo “todos os tipos de uvas que medran” nos terruños galegos. “A garnacha, o caíño branco, o caíño tinto, o albariño...”, ensinando ao público “por que se diferencian, que fai que os viños saiban de forma distinta” e demostrar a calidade “dos nosos terruños”. Representantes das adegas estarán presentes na cata para que a xente “se poña en contacto con eles, que lles podan "preguntar como producen, por que producen”. Na xornada presentaranse 180 viños con nomes, uvas, e orixes distintos.
A partir do día 5 de novembro as entradas poderán mercarse no propio local da Cesta Natural ou na súa páxina web. Ademais, engade Juan, os viños "venderanse durante eses días a un prezo reducido". O obxectivo sobre a mesa deste comercio é, ademais da descuberta de novos sabores, "levar aos fogares galegos viños e espumosos da terra para compartir en familia polo Nadal".




