Pestanas principais

Cerca de 200 deportistas participarán esta fin de semana no I Trofeo Concello de Ames de Patinaxe Artística

Venres, 24 de novembro de 2017

[24-11-2017] Os clubs de patinaxe Omega e Sarela, en colaboración co Concello de Ames, organizan o I Trofeo de Patinaxe Artística do concello, que se celebrará esta fin de semana, os días 25 e 26 de novembro, no pavillón municipal de Bertamiráns. O sábado participarán as e os deportistas de niveis, mentres que o domingo o farán as pertencentes ás categorías rexional e nacional. O I Trofeo Concello de Ames de Patinaxe Artística contará coa participación dos clubs Noia Patín, CP Galia, CP Oroso, CP Compostela, CD Torres de Altamira, CPA Ánfora, CPA Soutomaior e CPA Gondomar. A entrega de trofeos do sábado será ás 20:00h e a do domingo terá lugar ás 14:15h.

A competición comezará este sábado, 25 de novembro, ás 10:00 horas, co nivel 3, conformado por dous grupos de 11 e 10 participantes. Ás 11:15, participará o nivel 2, tamén con dous grupos de 10 persoas cada un. A última competición da mañá comezará ás 12:30h co nivel 1, de dous grupos de 12 e 11 persoas. Pola tarde, participarán os grupos de nivel 4, 5, 6 e 7. O nivel 4 farao ás 16:30 horas, o nivel 5 ás 17:30, o nivel 6 ás 18:30h e, finalmente, o nivel 7 ás 19:30. Cada nivel contará con dous grupos, a excepción do nivel 7 que contará con un. Cada grupo variará entre as 11 e as 6 persoas integrantes. A xornada do sábado rematará coas probas de pista do CP Oroso (das 20:30 ás 20:40) e do CP Compostela (de 20:40 a 20:50). A entrega de trofeos das probas do sábado terá lugar ás 20:00 horas.

O domingo, a xornada comezará ás 9:00 horas coa proba de pista do CP Galia, tras a cal terán lugar as probas de pista do CPA Soutomaior ás 9:10h e do CPA Gondomar ás 9:20h. Cada proba de pista terá unha duración de 10 minutos. A competición dará inicio ás 9:30 horas. As primeiras categorías en competir serán a absoluta e a cadete rexional. Ás 10:00 horas será a quenda da categoría infantil rexional, seguida da de alevín rexional ás 11:00 horas. Ás 11:30 horas desenvolverase a competición da categoría benxamín rexional, ás 12:30 a de infantil nacional e ás 13:10 a de alevín e benxamín nacional. A entrega de trofeos celebrarase ás 14:15 horas. 

Os clubs de patinaxe de Ames, o CP Sarela e o CPA Omega, foron os encargados de organizar o I Torneo Concello de Ames de Patinaxe Artística, que se desenvolverá no pavillón municipal de Bertamiráns. A competición conta coa colaboración do Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes. Neste I Torfeo participarán cerca de 20 clubs diferentes entre os que se atopan o Noia Patín, o CP Galia, o CP Oroso, o CD Torres de Altamira e o CPA Gondomar.