[05-03-2019] O Concello de Ames organizou unha nova edición da Festa de entroido, que este ano se desenvolveu na localidade de Bertamiráns. Centos de veciños e veciñas saíron á rúa para participar no entroido de Ames. Un ano máis o concurso de disfraces tivo unha boa participación con persoas chegadas de diversos concellos e localidades de toda Galicia. Acudiron 6 grupos e 16 comparsas. Ademais, na categoría infantil houbo 10 inscritos e na de adultos rexistráronse 17 inscricións. Repartíronse 3.800 euros entre as categorías infantil, adulto, grupo e comparsa. Ademais, houbo dous premios especiais de 125 euros cada un aos mellores disfraces creados con material de reciclaxe. O grupo de música, Brassica Rapa, creado a finais de 2017, e mailo grupo fundado en Ribeira en 2002, A Compañía do Ruído, puxeron música a esta festa.
Gañadores dos premios especiais
Por outra banda, houbo dous premios especiais de 125 euros cada un aos mellores disfraces creados con material de reciclaxe. Estes premios foron para Iván Arnesto Fernádez, de Sober (Lugo), co disfrace O dragón máxico de reciclaxe, e para a comparsa Ga-Legos, de Calo (Teo).
O xurado do concurso de disfraces estivo composto por Ana Rosa Lista, mestra deseñadora de encaixe; Aurora García, profesora da Escola municipal de arte miúda en Ames; e o dramaturgo especializado en teatro infantil, Carlos Labraña, A festa rematou coa actuación do grupo A Compañía do Ruído.
Gañadores/as das categorías de grupos e comparsas
Na categoría de grupo gañaron os membros do grupo Fantasía de colores, do Milladoiro, que obtiveron un premio de 500 euros. Na segunda posición quedaron os membros de Feitizo Armatroulas, de Laraño (Santiago), que obtiveron 300 euros, mentres a terceira posición foi para os compoñentes de Alacráns dourados, tamén de Laraño (Santiago), que levaron 150 euros.
Na categoría de comparsas o premio de 1.100 euros foi para Paseo por palacio, da Asociación cultural Ciclón, de Tomiño. O segundo premio de 600 euros recaeu en Wakanda na rúa, da Asociación Portonovo na rúa. Por último, o terceiro premio de 500 euros foi para a As carolinas van de romería, de Os Carnavaleiros de Liñaio, de Negreira.
Gañadores/as das categorías infantil e adultos
Os gañadores do concurso de disfraces foron os seguintes. Na categoría infantil gañou Pablo Bouzón Moure, de Cacheiras (Teo), co disfrace Contigo aprendín, que recibiu un premio de 100 euros. No segundo posto quedou Cayetana Izán, de Noia, co disfrace Día de festa, mentres que a terceira posición foi para Tariko Balado Falcón e Adey Balado Falcón, de Biduído (Ames), co disfrace O tomateiro da avoa vaise de festa. O segundo clasificado foi premiado con 75 euros e o terceiro cun premio en metálico 50 euros.
Na categoría de adultos o gañador foi Iván Arnesto Fernádez, de Sober (Lugo), co disfrace O dragón máxico de reciclaxe, que foi premiado con 200 euros. O segundo premio de 150 euros foi para Desiré Mosquera Penas e Alejandro Álvarez Rodríguez, do Milladoiro, co disfrace O outono no entroido. O terceiro e último premio desta categoría dotado de 75 euros, recaeu en Andrea Pazos Pérez, de Vimianzo, co disfrace Si, chef.
O aparcadoiro da Telleira, que está situado en Bertamiráns, foi o epicentro da festa de Entroido que organizou o Concello de Ames durante a tarde deste luns 4 de marzo. A animación comezou ás 17:00 horas coa actuación do grupo de música, Brassica Rapa, que se encargaron de animar aos asistentes. Ás 18:00 horas comezou o desfile dos participantes polas rúas de Bertamiráns. O desfile de disfraces, grupos e comparsas saíu pola avenida da Peregrina e discorreu polas rúas da Maía, Poeta da Maía e Pedregal, volvendo a pasar pola avenida da Maía e da Peregrina antes de chegar ao punto de saída.
No concurso de disfraces houbo unha moi boa participación, superando o número de inscritos de edicións anteriores, con persoas chegadas de diversos concellos e localidades de toda Galicia. Na categoría infantil houbo 10 participantes e na categoría de adultos inscribíronse 17 persoas. Ademais, participaron no concurso de disfraces 6 grupos e 16 comparsas.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Desfiles en Área a pesar da choiva "
Compostela 24 horas: "Centos de persoas saen á rúa para participar na oitava edición do concurso e desfile de entroido que se celebrou en Bertamiráns"