[15-10-2011] A contorna da Praza de Chavián en Bertarmiráns acolleu esta tarde a VIII Festa da Mocidade. Centos de mozos e mozas achegáronse a gozar de actividades coma obradoiros de bisutería reciclaxe, breakdance, paintball, torneos de fútbol e baloncesto, inchables xincanas atléticas e un concerto do grupo Biribirlocke. A festa comezou ás catro e media da tarde e rematou pasadas as 10 da noite. A Concellaría de Xuventude conseguiu este no ter unha festa adaptada a tódolos públicos e con numerosas actividades aforrando un 80% do que se gastou a edición pasada.
A festa comezou ás catro e media coas actividades de inchables e de paintball, que duraron toda a tarde, nas horas centrais da mesma houbo un obradoiro de bixutaría de reciclaxe e outro de pintado de camisetas, actividades nas que participaron centos de nenos. Os torneos de fútbol e baloncesto 3X3, unha exhibición de breackdance e o concerto o grupo Biribirlocke foron outras ofertas exitosas desta festa para os máis novos . Ao longo da tarde, o club de atletismo Millarraio ofreceu actividades de diversa índole para practicar deporte coma carreiras ou lanzamento de xavalina.
Esta foi unha tarde especial e cargada de diversión na que os mozos e mozas puideron participar en numerosas actividades. Esta oitava edición da Festa da Mocidade acadou éxito de participación grazas ás variadas actividades pensadas para os gustos da xente nova. A concelleira de Xuventude, María González, agarda que en anos vindeiros esta festa siga sendo unha cita obrigada para que os máis novos poidan divertirse.
Contido relacionado
La Voz de Galicia:" La fiesta amiense de la juventud congrega en Bertamiráns a cuatro mil personas"




