[11-02-2013] A pesar da chuvia que caeu este luns sobre Bertamiráns foron moitos os veciños e veciñas de Ames que saíron á rúa para participar na festa do Entroido, que se desenvolveu nunha carpa instalada no aparcadoiro da Telleira. Un total de 18 persoas participaron no concurso-degustación de receitas típicas de Entroido, mentres que no concurso de disfraces tamén houbo unha alta participación. Acudiron 9 grupos e 13 comparsas. Ademais, na categoría infantil houbo 24 inscrición e na de adultos rexistráronse 10 inscrición. O Concello de Ames repartiu un total de 3.850 euros en premios (3.100 euros no concurso de disfraces e 750 euros no concurso-degustación de receitas de Entroido). O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, o concelleiro de Vías e Obras, Alfredo Taboada, a concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Carmen Verde, e varios concelleiros/as dos grupos da oposición tamén participaron na Festa de Entroido.

Concurso-degustación de receitas típicas do Entroido
Por outra banda, ás 17:00 horas, comezou o concurso degustación de receitas típicas de Entroido. Primeiro realizouse a presentación dos pratos elaborados polos participantes no concurso gastronómico. Neste concurso participaron un total de 18 persoas (17 persoas particulares e máis a Cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro). As receitas presentadas tiveron que ser obrigatoriamente típicas de Entroido. Unha vez que o xurado avaliou os pratos, o público asistente puido degustar os diferentes produtos presentados ao concurso gastronómico.
Dentro deste concurso houbo tres categorías. O premio do prato mellor elaborado foi para María Salomé Tejo Munín, do Milladoiro, que obtivo 28 puntos coas súas rosquillas de anís. Por outra banda, o premio do prato mellor presentado recaeu en José Manuel Fialli, do Milladoiro, que elaborou unha cesta de lacón con grelos e bechamel de chourizo. Este prato obtivo un total de 25 puntos. Por último, o prato máis creativo foi o Sushi de cocido, que obtivo 26 puntos, e foi elaborado por Carmen Caamaño González, do Milladoiro. O premio de cada unha das tres categorías estivo dotado con 250 euros. O xurado do concurso-degustación estivo composto pola concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, Montserrat Álvarez e Ángel Benavente, profesores do Centro Superior de Hostalaría de Galicia. Trala entrega de premios, foi a quenda da orquestra “Principal”, que puxo música ao peche da festa de Entroido.

Por último, na categoría de comparsas o premio de 900 euros foi para a comparsa Revolution Show. O segundo premio de 400 euros recaeu na comparsa Caixa de xoguetes, mentres que o terceiro premio de 200 euros foi para a comparsa Moda de Bertamiráns. O xurado do concurso de disfraces estivo composto polo alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello de Negreira, Manuel Hombre, e Aurora Garcia, profesora de manualidades no Concello de Ames.

Na categoría de adultos a gañadora foi a parella Sargadelos con café, que foi premiada con 200 euros. O segundo premio de 150 euros foi para Míster Mirror. O terceiro e último premio desta categoría dotado de 75 euros, recaeu na parella Green Army. Na categoría de grupo gañou o grupo o Salón da miña casa, que obtivo un premio de 500 euros. Na segunda posición quedou o grupo As damas do xornal, que obtivo 300 euros, mentres a terceira posición foi para o grupo Alicia no país das marabillas, que levaron 150 euros.

Os gañadores do concurso de disfraces foron os seguintes. Na categoría infantil gañou o disfraz Arte en madeira, que recibiu un premio de 100 euros. No segundo posto quedou O bosque encartonado, mentres que a terceira posición foi para A esfolla máis sexi da comarca. O segundo clasificado foi premiado con 75 euros e o terceiro cun premio en metálico 50 euros.
O aparcamento que está situado ao carón da piscina municipal da Telleira, en Bertamiráns, foi o epicentro da festa de Entroido que organizou o Concello de Ames durante a tarde deste luns 11 de febreiro. A animación comezou ás 16:30 horas coa actuación da Charanga "Vaite xa", que percorreu as principais rúas de Bertamiráns. Arredor das 17:00 horas a charanga chegou a carpa, que estivo instalada no aparcadoiro da Telleira, para ir animando á veciñanza mentres non empezou a música da exhibición de disfraces.
Concurso de disfraces
A partir das 17:30 horas comezaron as exhibicións e o desfile diante do xurado dos participantes no concurso de disfraces. A exhibición dos disfraces realizouse no interior da carpa. No concurso de disfraces houbo unha alta participación. Na categoría infantil houbo 24 inscrición e na de adultos rexistráronse 10 inscrición. Ademais acudiron 9 grupos e 13 comparsas de lugares tan diversos coma A Laracha, Boiro, Pontevedra, Tomiño, Brión e Ames.
Trala exhibición de disfraces comezou o desfile que percorreu as rúas de Bertamiráns ao ritmo da charanga "Vaite xa". O desfile comezou no aparcadoiro da Telleira e continuou pola avenida da Peregrina ata chegar á avenida da Maía. Despois, o desfile foi dirección praza de Chavián pasando pola rúa Poeta da Maía e pola zona do Pedregal. Unha vez alí volveuse cara o punto de saída pasando de novo polas avenidas da Maía e da Peregrina.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Centos de veciños de Ames pasaron da chuvia e sumáronse á festa do Entroido"




