Pestanas principais

Centos de persoas encheron o campo municipal de fútbol do Milladoiro para participar no evento solidario “Que ninguén quede en fóra de xogo”

Martes, 02 de xaneiro de 2018

[02-01-2018] O campo de fútbol do Milladoiro acolleu o sábado pasado a cuarta edición do partido solidario “Que ninguén quede en fóra de xogo”. O evento, que estivo organizado pola SD Milladoiro en colaboración co Concello de Ames, tivo un gran éxito de participación e numerosos veciños/as encheron o recinto municipal. Esgotáronse as 500 entradas vendidas a un prezo de 2 euros. Os fondos recadados serán doados á Fundación Andrea que apoia aos nenos/as con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. Ao longo de toda a tarde houbo música, postos de comida, exhibicións dos clubs de boxeo Abuelo Box e canino Amizar Agility, así como un partido de fútbol entre famosos e un sorteo de agasallos.

Ao final do partido de famosos fíxose un sorteo de agasallos, no que se entregaron unhas botas de fútbol sala de David Pazos, actual xogador do Palma Futsal, ex-xogador do Santiago Futsal e campión de Europa con Inter Movistar. No sorteo tamén se repartiron unha camiseta asinada polo xogador do Atlético de Madrid, Fenando Torres, un bolso asinado por Nadia Iglesias, campioa de Europa de patinaxe artístico, unha camiseta do Real Club Deportivo da Coruña, camisetas da selección galega de fútbol, camisetas da selección española de rugby, e tres pósters e un CD do ultimo éxito en solitario de Javi Maneiro "Furtivos", entre outros agasallos.

O evento solidario rematou cun concerto de rap coa actuación de Erin, de Comando Katana, Soed e Pablotr3s. O evento foi un éxito xa que se esgotaron as 500 entradas vendidas a un prezo de 2 euros. Os fondos recadados serán doados á Fundación Andrea que apoia aos nenos/as con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. Nos vindeiros días entregaráselle un cheque á Fundación Andrea con todo o diñeiro recadado.

Un gran número de persoas acudiron este pasado sábado ao campo municipal de fútbol do Milladoiro para participar no evento solidario Que ninguén quede en fóra de xogo. O programa de actividades comezou arredor das 17:30 horas, cunha exhibición de boxeo, na que colaboraron os clubs Abuelo Box e Planas. Moncho Mirás, o tres veces campión de España e aspirante ao título Europeo de peso mosca, foi o protagonista desta actividade. Posteriormente, ás 18:00h, realizouse unha exhibición de Agility da man do club canino Amizar, seguida dunha demostración de xogos de maxia a cargo do Mago Romarís.

Ás 19:00 horas realizouse o acto principal da tarde, un partido entre famosos, no que participaron actores, cantantes e ex-futbolistas. Os adestradores dos equipos foron Nacho Fernández, ex-xogador do Compostela, e Santi Valladares, actual adestrador do Santiago Fútsal. No partido participaron os actores Pepe Suevos, Federico Pérez e Xosé Antonio Touriñán; os xornalistas Roberto Carlos Carballo, Diego Viaño, Calos Macía e Ramón Castro; e mailo alcalde de Ames, José Miñones.

Contouse tamén coa participación de grandes futbolistas galegos e de fóra de Galicia que militaron en clubs galegos como Ángel Lekumberri, Milorad Ratković, Fran Cainzos, Vicente Celeiro, Joselu, Carlos Padín, Juampa Barros, Pablo Coira, Manuel Castiñeiras, Juan Cabrejo, Javier Bellido e Jesús Torres. Outros participantes foron o ex-árbitro, Raúl García de Loza, o ex-ciclista, Ezequiel Mosquera, o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o vocalista de Heredeiros da Crus, Javi Maneiro, Erin do grupo Comando Katana, e o propietario do histórico asador Gonzaba, Fredi.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Gaña a solidariedade en <Que ninguén quede en fóra de xogo repite éxito>"
El Correo Gallego: "Avalancha solidaria desde Ames a beneficio de la Fundación Andrea"