Pestanas principais

Celso Sanmartín, o Mago Romarís e Paul Black serán os protagonistas da segunda xornada do programa Cultura de Bar

Xoves, 14 de xuño de 2012

[14-06-2012] Esta fin de semana desenvólvese a segunda xornada do programa Cultura de Bar no que participan 16 establecementos hostaleiros de Bertamiráns e do Milladoiro. Este programa alterna actuacións musicais, contos de tradición oral, humor, espectáculos de maxia, monólogos, etc. Os establecementos hostaleiros ofrecen varios produtos (auga, infusión, café, caña/clara e viño) ao prezo de 1 euro. O programa Cultura de Bar continúa con novas actuacións. En Bertamiráns o programa comeza ás 21:30 h no Ferrenquín coa actuación de Celso Sanmartín, e continúa ás 22:30 h no Alborada coa actuación do Mago Romarís. Mentres que no Milladoiro a partir das 22:00 horas os establecementos O Pilón e Manhattan comparten a actuación de Paul Black, cantautor de música irlandesa.

A Concellaría de Promoción Económica está desenvolvendo un programa co que se pretende impulsar a dinamización da hostalaría de Ames. O programa, chamado Cultura de Bar, que conta co apoio económico da Deputación da Coruña, celébrase durante catro fins de semana do mes de xuño. A primeira xornada deste programa tivo moi boa acollida entre a veciñanza amiense. Calcúlase que arredor de 300 persoas presenciaron as actuacións programadas para o pasado día 8 de xuño.

Mañá venres, 15 de xuño, as actuacións comezarán en Bertamiráns, ás 21:30 h, no Ferrenquín coa actuación do contador de historia Celso Sanmartín. Nesta mesma localidade, ás 22:30 h, no Alborada estará o Mago Romarís. Por outra banda, no Milladoiro a partir das 22:00 horas os establecementos O Pilón e Manhattan comparten a actuación de Paul Black, cantautor de música irlandesa, que animará a sardiñada que ambos establecemento ofrecerán aos seus clientes.

O programa Cultura de Bar acolle diferentes actividades culturais como contos de tradición oral, actuacións musicais e de maxia, humor, monólogos, etc. Outros artistas que teñen confirmada a súa participación e que se estrearán o día 22 de xuño son Pepo Suevos, polifacético actor, cómico e contacontos que participa na serie “Matalobos” e Miguel Alonso, cantautor en galego.

No programa participan un total de 16 establecementos hostaleiros, 8 locais de Bertamiráns (Ferlós, New York, Ferrenquín, Meigas, Alborada, Koptel, Marcos e A Charca) e outros 8 do Milladoiro (O Pilón, Manhattan, Galway, 89, A Xunta do Medio, Premium, II Ritrovo, Babia).

Coa intención de facer máis atractivo o programa de Cultura de Bar os establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa estableceron a denominada “Tarifa plana 1€”, que consiste en que estes locais ofrecen unha variedade de cada un dos produtos (auga, infusión, café, caña/clara e viño) ao prezo de 1 euro. A marca da bebida servida baixo esta tarifa especial será elixida por cada establecemento e será aplicada durante todos os días que se desenvolva o programa Cultura de Bar.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Cultura de Bar en Bertamiráns y Milladoiro"