Martes, 20 de marzo de 2018
[20-03-2018] O venres, 23 de marzo, ás 17:00, a Aula 10 do edificio Multiusos de Aldea Nova acollerá as audicións de saxofón da Escola Municipal de Música de Ames. Nestas audicións participará todo o alumnado matriculado neste instrumento, co obxectivo de pór en práctica o aprendido durante o curso e amosarllo aos seus familiares, compañeiras e compañeiros. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o programa completo das audicións.




