Pestanas principais

Catro mil persoas asistiron á Ames Cup, na que participaron 72 equipos galegos durante tres días no campo municipal de Bertamiráns

Luns, 06 de abril de 2015

[06-04-2015] O Concello de Ames e o Bertamiráns F.C., organizadores do evento, valoran de forma moi positiva a celebración da cuarta edición da Ames Cup, competición futbolística na que participaron 72 equipos galegos con nenos menores de 11 anos. O presidente do club, Rafael Budiño Rey, estima que houbo unhas catro mil persoas nas gradas durante os tres días do torneo, onde se veu un “bo nivel de xogo, ausencia de incidencias ou lesións de importancia e un excelente ambiente”.

Pola súa parte, o alcalde de Ames, Santiago Amor, ve con “enorme satisfacción” que esta actividade vaia “a máis cada ano, con deportividade e propiciando unhas xornadas de boa convivencia”. “Temos tantos cativos e tantos mozos en Ames –agrega o rexedor– que o deporte e eventos como a Ames Cup son transcendentais para nós”.  

O Bertamiráns F.C. posúe na actualidade uns 420 rapaces, porque “a canteira para nós é fundamental”, tal como sinala o seu presidente. “Non podemos manter un equipo en 3ª división a calquera prezo (acaban de descender a Preferente) –engade Budiño–, así que nos puxemos o obxectivo a tres ou catro anos de que o 95 por cento dos futbolistas do primeiro equipo procedan da canteira”.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Calasanz, Bertamiráns A y Victoria C coruñés ganan la IV Ames Cup"