Pestanas principais

Catro atletas do club de atletismo Millaraio participarán no campionato de España sub16 de federacións autonómicas

Xoves, 13 de xuño de 2019

Catro atletas do club de atletismo Millaraio foron convocados coa selección galega que participará no Campionato de España Sub-16 de federacións autonómicas, que se vai celebrar en Moratalaz os días 15-16 de xuño. Na categoría feminina participarán Deki Mato (1.000 metros) e Sofía Campos (3.000 metros marcha), e na masculina Mateo Aller (110 metros valas) e Diego Seoane (300 metros valas). Ademais, Alejandro Jiménez e Noel Ferraces participarán no Campionato por equipos en Cidade Real.

Esta fin de semana, os/as atletas do club de atletismo Millaraio participarán no Campionato de España Sub-16 de federacións autonómicas, que se vai celebrar en Moratalaz os días 15-16 de xuño, e no  Campionato por equipos en Cidade Real os días 15 e 16 de xuño.

No Campionato de España Sub-16 de federacións autonómicas participarán, na categoría feminina, Deki Mato (1.000 metros) e Sofía Campos (3.000 metros marcha), e na masculina Mateo Aller (110 metros valas) e Diego Seoane (300 metros valas), mentres que no  Campionato por equipos en Cidade Real estarán Alejandro Jiménez e Noel Ferraces, xunto a outros/as compañeiros/as do club.

Por outra banda, o pasado domingo, 9 de xuño, celebrouse en Bastiagueiro o XXXII Campionato de Galicia da categoría máster en pista ao aire libre, no que participaron tres atletas do club, obtendo todos grandes resultados. David López Vilariño foi ouro no salto de altura M45; Antonio Pose foi prata en 100 metros valas e salto de lonxitude M50 e bronce en 100 metros; e Puri Cariñena foi ouro en 400 metros, prata en 200 metros e bronce en 100 metros en W45.

Deki Mato participará no Campionato de España Sub-16 de federacións autonómicas

Multimedia

  • Mateo Aller e Diego Seoane participará no Campionato de España Sub-16 de federacións autonómicas
  • Sofía Campos participará no Campionato de España Sub-16 de federacións autonómicas
  • Deki Mato participará no Campionato de España Sub-16 de federacións autonómicas
  • XXXII Campionato de Galicia da categoría máster en pista ao aire libre
  • XXXII Campionato de Galicia da categoría máster en pista ao aire libre